Idade do Cobre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Idades prehistóricas
Holoceno   La Tène   Protohistoria
  Hallstatt
Idade do Ferro
  Bronce Final  
  Bronce Medio
  Bronce Antigo
Idade do Bronce
    Calcolítico    
  Neolítico Prehistoria
Mesolítico / Epipaleolítico
Plistoceno     Paleolítico Superior  
    Paleolítico Medio
    Paleolítico Inferior
  Paleolítico
Idade da Pedra

A Idade do Cobre ou Calcolítico é un dos períodos da prehistoria. Sucede ao Neolítico e precede á Idade do Bronce. Tamén se acostuma utilizar este nome para denominar algunhas culturas que presentan formas culturais diferenciadas entre o 2500 e 1800 a.C.

Características[editar | editar a fonte]

O historiador Felipe Senén fai a seguinte periodización[1] para o Calcolítico (ou Idade de Cobre) e a Idade do Bronce, referidos ao noroeste peninsular:

  • Calcolíto: 2000 - 1800 a.C.
  • Idade do Bronce:
    • Inicial: ensaios (1700 - 1200 a.C.)
    • Medio: eclosión (1200 - 1000 a.C.)
    • Final: difusión (1000 - 500 a.C.)

O bronce é unha aliaxe metálica composta de cobre e estaño e foi o primeiro metal que utilizou o ser humano, dando así comezo á Idade dos Metais. Nesta etapa histórica aparece, pois, a metalurxia, o que provocou unha serie de trocos sociais e culturais.

Durante o calcolítico inicial e medio en Galiza (2500 a.C. — 2200 a.C.) desenvolveuse a etapa precampaniforme. A etapa campaniforme representa o calcolítico final (2200 a.C. — 1800 a.C.).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. SENÉN LÓPEZ, F., Historia de Galicia, Ed. ANT, 1991, pp. 21-25