Domesticación
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Denomínase domesticación (de animais ou plantas, esta última coñecida tamén como cultivo) o proceso polo cal unha poboación dunha determinada especie perde, adquire ou desenvolve certos caracteres morfolóxicos, fisiolóxicos ou de comportamento, os cales son hereditarios e, ademais, son o resultado dunha interacción prolongada e dunha selección deliberada por parte do ser humano. A súa finalidade é obter determinados beneficios das devanditas modificacións.