Home de Neanderthal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Home de Neanderthal
Rango fósil: Plistoceno medio a tardío
Caveira de Neanderthal, La Chapelle-aux-Saints
Caveira de Neanderthal, La Chapelle-aux-Saints

Esqueleto de Neanderthal
Esqueleto de Neanderthal

Estado de conservación
Extinto (fósil)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primate
Familia: Hominidae
Xénero: 'Homo'
Especie: ''H. neanderthalensis''
Nome binomial
''Homo neanderthalensis''
King, 1864
Distribución do Homo neanderthalensis.

Distribución do Homo neanderthalensis.
Sinonimia

H. mousteriensis
H. s. neanderthalensis
Palaeoanthropus neanderthalensis

O Neandertal foi unha especie do xénero Homo (Homo neanderthalensis) que habitou a Europa e partes do oeste da Asia hai entre 230.000 e aproximadamente 29.000 anos (Paleolítico Medio e Paleolítico Inferior, no Plistoceno).

Os Neandertais estaban adaptados ao frío, como mostran os seus grandes cerebros, o seu curto, máis voluminoso e longo nariz. Esas características prímaas a selección natural nos climas fríos, e tamén se observan nas modernas poboacións sub-árticas. Os seus cerebros eran aproximadamente un 10% maiores en volume que os dos humanos modernos. Na media, os Neandertais tiñan preto de 1,65 m de altura e eran moi musculosos.

O seu estilo característico de ferramentas de pedra chámase cultura musteriense.

Descuberta[editar | editar a fonte]

Homo neanderthalensis, caveira descuberta en 1908 en La Chapelle-aux-Saints (Francia)

Philippe-Charles Schmerling foi o primeiro en descubrir un fósil de neandertal (un cranio infantil) en 1830 na cova de Engis, preto de Liexa, aínda que non tería repercusión, xa que só moito máis tarde (1936) foi recoñecido como tal. Partes dun esqueleto de neandertal descubríronse en Forbes' Carry, Xibraltar en 1848. Pero a valoración definitiva dende un punto de vista paleoantropolóxico prodúcese logo do achado nunha canteira, preto de Düseldorf, no val de Neander (na grafía alemá da época, Neanderthal, de aí o nome) en agosto de 1856 (tres anos antes do libro A orixe das especies de Charles Darwin ser publicado) dos restos fósiles, que incluían o denominado "Neandertal 1", que consistía dunha coroa cranial. Os demais ósos que se atoparon eran dous fémures, os tres ósos do brazo dereito, dous do brazo esquerdo, parte do ilíaco esquerdo e fragmentos dunha omoplata e costelas. Os traballadores que recolleron estes ósos pensaron que pertencían a úrsidos. Os traballadores entregaron o material recollido ao naturalista amador Johann Karl Fuhlrott. Fuhlrott levoulle os fósiles ao anatomista Hermann Schaafhausen e ambos os dous anunciaron a descuberta en 1857.

Esa descuberta considérase agora o inicio da paleoantropoloxía. Esas e outras descubertas no final das contas levaron á idea que eses fósiles eran de europeos ancestrais que desempeñaron unha importante función nas orixes humanas. Desde entón descubríronse restos de máis de 400 Neandertais.

Nome e Clasificación[editar | editar a fonte]

O nome científico "Home neanderthalensis" acuñouno en 1863 o anatomista irlandés Willian King nunha conferencia lida na British Association for the Advancement of Science que se publicou en xaneiro de 1864.

Por moitos anos, houbo un vigoroso debate científico sobre como os neandertais deberían ser clasificados: Homo neanderthalensis ou Homo sapiens neanderthalensis. O segundo coloca os neandertais como unha subespecie do Homo sapiens, ou sexa, da liñaxe humana. De calquera forma, recentes evidencias de estudos con ADN mitocondrial indica que os neandertais "non pertencen á liñaxe humana".

Xeralmente acéptase que tanto os neandertais como o Homo sapiens evolucionaron dun ancestral común, mais a clasificación dos neandertais depende de cando ocorreu esa separación na liña do tempo.

Características físicas[editar | editar a fonte]

Comparado cos humanos modernos, os neandertais eran máis baixos, arredor de 1'65 m, pero proporcionalmente máis robustos (arredor de 70 kg os machos, e 55 as femias) e posuían faccións morfolóxicas distintas, especialmente do cranio, que gradualmente acumulou aspectos distintos, particularmente debido ao relativo illamento xeográfico. A súa complexión varuda puido ser unha adaptación ao clima frío da Europa durante o Plistoceno.

A continuación inclúese unha lista de trazos físicos que distinguen os neandertais dos humanos modernos; de certa forma, nin todos eles poden ser usados para distinguir poboacións de neandertais específicas, de diversas áreas xeográficas ou períodos de evolución, doutros humanos extintos. Tamén, moitos deses trazos maniféstanse ocasionalmente nos modernos humanos, particularmente en determinados grupos étnicos. Nada se coñece sobre a cor da súa pel, dos seus cabelos, e da forma dos ollos, orellas e labios dos neandertais. Por analoxía, debían ter a pel moi branca, para un mellor aproveitamento da calor nas frías latitudes da Europa plistocénica.

  • Cranio
    • Fosa suprainíaca, un canal sobre a protuberancia occipital externa do cranio
    • Protuberancia occipital
    • Fortes arcos superciliares
    • Parte central da cara proxectada cara fóra
    • Órbitas grandes e redondeadas
    • Cranio alongado para atrás
    • Capacidade encefálica media de 1465 cm³, aínda que pode pasar de 1700 (levemente maior que a dos humanos modernos)
    • Mandíbula forte e varuda, sen queixo
    • Testa baixa, case ausente
    • Espazo atrás dos molares
    • Abertura nasal ampla
    • Protuberancias óseas nos lados da abertura nasal
    • Forma diferente dos ósos do labirinto no ouvido
  • Post-Cranio
    • Considerabelmente máis musculoso
    • Dedos grandes e robustos
    • Caixa torácica bastante arredondada
    • Forma diferente da pelve
    • Rótulas grandes
    • Clavícula alongada
    • Omoplatas curtas e arqueadas
    • Ósos da coxa robustos e arqueados
    • Tibias e fíbulas curtas

Linguaxe[editar | editar a fonte]

A teoría de que os neandertais carecían dunha linguaxe complexa foi difundida ata 1983, cando un óso hioide de neandertal foi atopado na caverna Kebara en Israel. O óso atopado é practicamente idéntico aos dos humanos modernos. O hioide é un pequeno óso que asegura a raíz da lingua no lugar, un requisito para a fala humana e, desa forma, a súa presenza nos neandertais implica algunha habilidade para a fala.

Moitos acreditan que mesmo sen a evidencia do óso hioideo, é obvio que as ferramentas avanzadas como as do período musteriense, atribuídas aos neandertais, non poderían ser desenvolvidas sen habilidades cognitivas incluíndo algún xeito de linguaxe falada.

A base da lingua do neandertal posicionábase máis alta na gorxa, deixando a boca máis chea. Como resultado, é ben probable que a fala dos neandertais fose lenta, compasada e nasalizada.

Ferramentas[editar | editar a fonte]

Os sitios arqueolóxicos dos neandertais do Paleolítico Medio mostran un conxunto de ferramentas menor e menos flexible en comparación aos sitios do Paleolítico Superior, ocupados polos humanos modernos que os substituíron.

Hai pequenas evidencias de que os neandertais usaban cornos, conchas e outros materiais óseos para facer ferramentas: a súa industria ósea era relativamente simple. De calquera forma, hai boas evidencias de que eles rutineiramente construían unha variedade de utensilios de pedra. A ferramenta neandertal (musteriense) constaba de sofisticadas ferramentas de pedra lascada, machados manuais para tarefas específicas, e lanzas. Moitas desas ferramentas eran bastante afiadas.

Mesmo tendo armas, eles non as arrebolaban. Tamén posuían lanzas que consistían en grandes eixos de madeira cunha pedra afiada nunha das extremidades firmemente presa; porén, considérase que as lanzas fabricadas para seren lanzadas foron usadas primeiramente polo Homo sapiens.

Aínda que enterraran a maioría dos seus mortos, os funerais dos neandertais eran menos elaborados que os dos anatomicamente modernos humanos.

Os neandertais realizaban un conxunto sofisticado de tarefas normalmente asociados aos humanos soamente. Por exemplo, construían abrigos complexos, controlaban o lume, e sacaban a pel dos animais. Particularmente intrigante é un fémur de oso atopado nunha escavación con catro buratos nunha escala diatónica feitos nel deliberadamente. Esa frauta atopouse na Eslovenia no 1995 próximo a unha fogueira do período musteriense usada polos neandertais, mais o seu significado aínda é controvertido.

Neandertaler-im-Museum.jpg Homo Neanderthalensis CosmoCaixa.JPG

Extinción[editar | editar a fonte]

Presenza de vestixios neandertais na Europa.
Extensión máxima do territorio ocupado polo neandertal.

A extinción do home de neandertal non está esclarecida, mais persisten varias hipóteses, todas elas baseandose no presuposto de que houbo competición co Homo sapiens, que se mostrou mais adaptado, considerando a supervivencia da especie.

Algúns autores consideran que o feito de o home de Neandertal non ter evolucionado durante cerca de 200 000 anos en termos de cultura material fai supor unha intelixencia práctica baixa, a pesar de o seu cerebro ter sido maior que o do home moderno (de feito, nada se sabe canto á organización fisiolóxica e neurolóxica dos neandertais).

Outra hipótese centrase na baixa mobilidade das súas poboacións, atestada pola reducida área xeográfica onde se estabeleceron, ben como pola súa constitución ósea, de sección circular, adaptada ao esforzo mais pouco adecuada a unha locomoción áxil, como acontece no caso do "Homo sapiens" con ósos de sección oval. Esta reducida mobilidade terá mantido as poboacións nun certo estado de inercia debido á falta de estímulos proporcionada por un nicho ecolóxico que garantía as necesidades básicas de supervivencia, sen grandes alteracións climáticas. Outros autores refiren a falta de variedade xenética que tería decorrido da consanguinidade, debido a un crecente illamento social e comunitario, talvez como reacción a contactos hostís co home moderno.

Outros autores avanzan coa hipótese de o tempo de xestación ser maior no caso dos neandertais (talvez 12 meses en vez dos 9 no caso do Homo sapiens), o que explicaría unha maior dificultade en reproducirse.

Colin Tudge, por outro lado, propón que o home moderno estaría máis adaptado debido a un comportamento prospectivo en relación á xestión dos recursos naturais, que este autor designa como proto-agricultura. Isto quere dicir que terían un comportamento recolector sustentábel que incluiría a caza -apoiada na manutención das poboacións que cazaba- e na recolección de produtos vexetais como complemento alimentario, para non ficar tan dependente da caza. O home de Neandertal tería sido, segundo esta hipótese, un cazador puro que tería depredado os seus recursos, o que tería implicado a súa extinción.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Evolución humana
Hominidi
Sahelanthropus tchadensis - Orrorin tugenensis
Ardipithecus: A. kadabba - A. ramidus
Australopitecinos
Australopithecus : A. afarensis - A. africanus - A. anamensis - A. bahrelghazali - A. garhi
Paranthropus: P. aethiopicus - P. boisei - P. robustus
Humanos e Proto-humanos
Kenyanthropus platyops
Homo: H. habilis - H. rudolfensis - H. ergaster - H. erectus - H. floresiensis - H. antecessor - H. heidelbergensis - H. neanderthalensis - H. sapiens idaltu - H. rhodesiensis - H. cepranensis - H. georgicus - H. sapiens sapiens