Sílex
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O sílex é unha rocha sedimentaria silicatada, constituída por cuarzo criptocristalino (agregados de cristais só observábeis ao microscopio electrónico).
Preséntase xeralmente en masas compactas, de cores variadas (cincenta, negra, amarela e outras), de gran dureza (7 na escala de Mohs). A súa fractura é concoide.
Índice |
Xacementos [editar]
Moi abundante, aparece en forma de nódulos ou masas en formacións de xeso ou rochas calcarias, e en certos solos arxilosos, xeralmente debidos a alteracións da creta.
Xénese [editar]
A formación do sílex é un fenómeno complexo. Admítese xeralmente que esta rocha se forma a partir de auga de mar ou dos lagos saturada en sílice.
Este fenómeno pode producirse:
- en clima tropical, en épocas nas que os solos vermellos sufriron unha alteración física e química (meteorización) intensa;
- por descomposición de exoesqueletos silícicos de organismos mariños tales como as diatomeas ou certas esponxas;
- por achegas masivas de sílice pola sedimentación oceánica de cinzas volcánicas no curso de episodios eruptivos violentos.
A sílice precipita entón no leito dos océanos, en forma de aglomerados que forman nódulos, ou enchendo cavidades deixadas na creta (ou outras formas de calcarias) e cristaliza en nódulos.
Semella que certos obxectos ou organismos puideran contribuír a iniciar a cristalización de certos sílex. Encontráronse, por exemplo, fósiles de esponxas ou de ourizos de mar no núcleo de certos sílex.
Nesta hipótese, o nódulo se formaría —no curso dunha reacción autocatalítica lenta— na epixenesia das calcarias do entorno, é dicir, que as moléculas de carbonato de calcio foron reemprazadas unha a unha por moléculas de sílice, sen cambiar a estrutura orixinal da rocha; así o sílex crecería a expensas da calcaria. O fenómeno de formación dun nódulo de sílex detense cando os depósitos de calcaria o envolven e o privan da chegada do sílice disolvido na auga.
Usos e aplicacións [editar]
O sílex foi utilizado ao longo da prehistoria e da protohistoria para a fabricación de utensilios (coitelos) e de armas (puntas de frecha e de lanza) debido á súa gran dureza e ao corte incisivo das súas arestas, dada á súa propiedade de fracturarse segundo leis constantes e controlábeis, formando arestas cortantes (fractura concoide).
-
Sílex amarelo procedente de Itaboraí, Rio de Janeiro, Brasil.
-
Bifaz paleolítico de sílex.
-
Igrexa de Sain Thomas, en Somerset, Inglaterra, construída con sílex.
A percusión dun anaco de sílex é tamén unha das técnicas de produción de fogo: golpeando contra unha rocha rica en ferro ou contra un anaco de aceiro, o sílex producen faíscas susceptíbeis de seren fixadas por certos materiais. Desde o século VIII até o XIX, o sílex utilizouse como percusor nos mosquetes e fusiles.
Esta aplicación continúa até os nosos días, sendo común que se utilice para producir a chispa nos chisqueiros.
Tamén foi moi utilizado na construción, e aínda o é en Inglaterra e en varias rexións de Francia.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
- Calcedonia.
- Cuarzo.
- Obsidiana.
- Ónix.
- Xaspe.