Lago Vitoria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Lago Victoria
Lago Victoria
Lago Vitoria, visto desde o espazo.
Lago Vitoria en Uganda
Lago Vitoria
Lago Vitoria
O lago Vitoria no mapa de Uganda
País Tanzania, Uganda e Quenia
Rexión Gran Val do Rift
Localización África oriental
Coordenadas 01°20′S 33°16′E / 1.333°S 33.267°E / -1.333; 33.267Coordenadas: 01°20′S 33°16′E / 1.333°S 33.267°E / -1.333; 33.267
Superficie 68.800 km2
Capacidade 2.750.000 hm³
Lonxitude 337 km[1]
Ancho 240 km
Conca fluvial Río Nilo
Cota 1.134 [2] msnm
Costa 3.440 km
Profundidade 83 m
Prof. media 40 m
Tipo Lago de auga doce
Afluentes Ríos Kagera (621 km), Mara (395 km), Nzoia (334 km), Katonga (220 km), Yala, Sondu-Miriu (220 km)
Illas Sese, Rusinga, Mfangano, Ukerewe e Rubondo (máis de 3.000)
Cidades Kisumu, Kendu Bay e Homa Bay (KEN)
Bukoba, Mwanza e Musoma (TAN)
Kampala, Jinja e Entebbe (UGA)

O lago Vitoria ou Victoria Nyanza é un dos Grandes lagos Africanos, localizado nun planalto elevado na parte ocidental do Gran Val do Rift, na África oriental, e está suxeito a administración territorial pola Tanzania, Uganda e Quenia.

Con 68.870 km² de superificie (aproximadamente o mesmo que a Irlanda), é o maior lago do continente africano, o maior lago tropical no mundo e o segundo maior lago de auga doce do mundo, o primeiro é o lago Superior de América do Norte, en termos de área. Sendo relativamente raso, ordena como o sétimo maior lago de auga doce através do volume e contén 2.760 km³ de auga. É unha das nacentes do río Nilo, o Nilo Branco.

Existen máis de 3.000 illas no seu interior, moitas das cales están habitadas, entre as cales figuran as Illas de Ssese en Uganda, un grupo grande de illas no noroeste do lago, e tornándose un destino popular para turistas.

Topografia[editar | editar a fonte]

Vista de satélite do lago con fronteiras superpostas

O lago Vitoria atópase no África oriental, no corazón dos Grandes Lagos de África. Cara á zona norte está atravesado polo paralelo do ecuador; xa que logo, ao longo do ano ten unha duración do día e a noite relativamente constante. Os estados ribeiregos son: o noreste Quenia, ao norte e ao noroeste Uganda, e ao sur Tanzania. Ten pouca profundidade, cunha media de 40 metros, e con 83 metros na súa profundidade máxima. Está situado a 1.133 metros de altura. O lago ocupa unha depresión formada por movementos tectónicos e flanqueado polas dúas ramas da Gran Val do Rift que se formaron fai catro millóns de anos.

O lago Vitoria ocupa un área de 122 km², con 320 quilómetros de lonxitude (de norte a sur), e 275 quilómetros de ancho (leste-oeste), dato variable, e 2.200 quilómetros de perímetro.[3] Ten unha forma aproximadamente rectangular. O lago ten unha costa cuxo borde forma un gran número de penínsulas, baías, cabos e máis de 3.000 illas, a maior parte delas deshabitadas. O lago ten un litoral duns 4.828 quilómetros, con algunhas illas que constitúen o 3,7% desta lonxitude,[1] litoral que está repartido entre os tres países: Quenia (un 6% que corresponden a 4.100 km² de costa), Uganda (45% con 31.000 km²) e Tanzania (49% con 33.700 km²).[4]

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

O lago Vitoria entre as dúas vertentes da Gran Val do Rift

Fai catro millóns de anos, na África Oriental, comezouse a desenvolver o Gran Val do Rift devido o movemento normal das fallas que formaron o horsts e os correspondentes grabens que quedaron dispostos en dous eixes paralelos. Durante o Precámbrico , a lixeira elevación dos bordos da grieta causou a formación dunha marcada depresión, con terreos erosionados. Fai entre uns 750.000 e 400.000 anos algúns ríos apresados pola cunca comezaron a encherlo, e deron comezo ao que sería o lago Vitoria. Polo tanto, xeoloxicamente, o lago é relativamente novo -preto de 400.000 anos- e formouse cando os ríos que flúen cara ao oeste foron retidos por un bloque da cortiza terrestre. [5]

A pouca profundidade do lago, xunto con unha chegada de auga de río limitada e a súa alta relación entre superficie e volume fano vulnerable ao cambio climático. Durante a súa historia xeolóxica, o lago pasou por sucesivos cambios que van desde a súa actual situación, a unha fase na que poderían existir unha serie de lagos moito máis pequenos. [6] A extracción de mostras de sedimentos xeolóxicos da parte inferior mostran que o lago Vitoria secou por completo polo menos en tres ocasiones desde que se formou. [7] Estes ciclos de secado están relacionados probablemente coas glaciacións pasadas, que son os períodos nos que as precipitacións diminuíron de xeito global. [7] O final de secado do lago remóntase a uns 17.300 anos, e volveuse a encher fai uns 14.700 anos. Esta historia xeolóxica probablemente contribuíu á gran especiación dos cíclidos que caracteriza o ecoloxía deste lago, así como a dos outros Grandes Lagos de África. [8] Hai investigadores que refutan estas afirmacións, argumentando que cando o lago Vitoria atopábase no seu nivel máis baixo, fai entre 18.000 e 14.000 anos, secouse polo menos unha vez durante este tempo, e non hai probas de estanques ou pantanos remanentes persistentes dentro da cunca desecada. Si existisen estas concentracións de auga, entón serían pequenas, superficiais, turbias e / ou demasiado salinas e, xa que logo, cunhas características moi diferentes ás actuais, características ás que as especies están adaptadas hoxe en día. [9]

Clima e hidroloxia[editar | editar a fonte]

O río Kagera, un afluente que desemboca no lago Vitoria

O lago Vitoria está situado nunha contorna de clima tropical con temperaturas que oscilan entre os 16 °C e os 27 °C. De maio a xullo, no sur, os ventos causan o desprazamento do auga cara ao norte. As precipitacións distribúense ao longo do ano, pero destacan dúas épocas que son máis húmidas: a de abril e a de setembro e outubro. A precipitación anual media é duns 1.450 mm³/m².

A área de captación de auga corresponde á conca hidrográfica dunha ducia de ríos que desembocan no lago, como o Kagera, a maioría procedentes de Tanzania, Burundi e Ruanda. No sector de Kenya, os principais ríos afluentes son: Sio, Nzoia, Yala, Nyando, Sondu Miriu, Mogusi e Migori. Combinados, estes ríos de auga contribúen moito máis ao auga do lago que o fai o máis grande, o río Kagera, que entra no lago polo oeste.[10]

O único río que sae do lago é o Nilo Branco (al-Nahr al-Abyad). Na desembocadura do lago Vitoria, este río flúe cara ao norte ata mergullarse nos lagos Kyoga, e Alberte e no río Nilo. O treito do Nilo Branco entre o lago Vitoria e o lago Kyoga tamén se chama Nilo Vitoria e apareceu entre uns 12.000 e uns 14.000 anos a.C. O caudal do auga varía moito dunha tempada a outra, proporcionando menos do 20% das augas do lago; o resto provén das precipitacións de choiva[11] da que recibe case un 80% da súa auga en forma de precipitación directa. As perdas van desde os 31 os 124 milímetros por mes, en parte débense á saída de auga do Nilo Branco, e tamén a evaporación, que depende da tempada climática e do vento. A evaporación media no lago é de entre 2000 a 2200 milímetros por ano, case o dobre da precipitación das zonas ribeiregas.[12]

Variacións no nivel do lago Vitoria medido na cidade de Jinja Uganda

Ata a década de 1960, o lago Vitoria mostrou uns niveis de auga bastante equilibrados, e non sufriu cambios significativos. En 1962, o nivel presentou un gran aumento como consecuencia de fortes choivas e mantívose posteriormente, aínda que cunha lixeira diminución. En partir do 2004 un cambio significativo iniciouse cunha diminución no nivel do lago de dous metros en dous anos. A causa desta diminución é a falta de choivas, que tamén actúa dereitamente sobre o lago e nas contribucións do fluxo dos afluentes.

Devido as condicións eutróficas que presenta o lago, nos anos de 1990 a 1991 sufriu concentracións de osíxeno nos niveis de mestura moito maiores que a detectada no período de 1960 a 1961, con case unha sobresaturación de osíxeno continua das augas superficiais. As concentracións de osíxeno nas augas hipolimnèticas (é dicir, a capa de auga que se atopa debaixo da termoclina, sen circulación, e que se mantén sempre fría) foron máis baixos no período desde 1990 ata 1991, para un período máis longo, que o 1960-1961, con valores de 1 mg por litro que ocorren en augas cunha profundidade de 40 m en comparación cunha incidencia máis superficial nas de máis de 50 m en 1961 Os cambios na oxigenación considéranse compatibles coas medicións da biomasa de algas superiores e da productividade.[13] Estes cambios xurdiron por varios motivos: a queima sucesiva dentro da súa conca;[14] as borras e as cinzas forón depositados nunha ampla zona do lago devido o aumento dos fluxos de nutrientes a través dos ríos,[15] e o aumento da contaminación debido aos asentamentos ao longo das súas costas.

Historia[editar | editar a fonte]

Os elementos históricos da época antes do descubrimento do lago polos europeos son difíciles de rastrexar devido á falta de fontes escritas. Podemos contar, para o estudo da "epoca escura", na investigación arqueolóxica, o estudo da xenética e a lingüística dos ocupantes actuais da rexión con respecto ao período posterior ao século XVI, rastrexando nas tradicións orais do pasado lacustre dos diferentes reinos que se desenvolveron a partir dese momento. A historiografía da rexión, fálanos sobre o punto de inflexión ideolóxico e étnico que han ter na historia da rexión, cunha liña de fondo bastante artificial, distinguindo entre dous tipos de persoas, gandeiros «nilo-camitas» opostos aos agricultores bantú, con consecuencias absolutamente tráxicas que sabemos en canto a Ruanda.[16]

Prehistoria[editar | editar a fonte]

A palinoloxía proba que entre o segundo e primeiro milenio antes de Cristo, as árbores e as canas teñen unha superficie inferior á da herba. Este feito explícase pola acción combinada dun clima seco que se produce nese momento e pola acción humana. Ao principio da era cristiá, hai unha intensa presenza humana nas illas dos lagos e no val do Kagera. Esta poboación está asociada á Idade do Ferro e caracterízase pola produción dun tipo de cerámica simple de figuras xeométricas básicas coñocedidas como Urewe nome do lugar onde foi descuberto o lado keniano do lago.

Reinos interlacustres[editar | editar a fonte]

A primeira información rexistrada sobre o lago Vitoria vén de comerciantes árabes que exploraban, no século X, as rutas interiores da África Oriental á procura de ouro, marfil, escravos e outros artigos preciosos. Un antigo mapa, datado no ano 1160, do cartógrafo árabe Muhammad Al-Idrisi, describe claramente unha representación precisa do Lago Vitoria, atribuíndolle a el como a fonte da nacente do río Nilo. Mais na verdade a orixe do río encóntrase nos altísimos cumes das cadeas montañosas de Mufumbiro e Ruwenzori, moi ao sur deste inmenso lago.

A comenzos do século XVI desenvólvense na rexión dos Grandes Lagos un centro de reinos, varios atópanse na beira noroeste do lago. O reino de Buganda, encabezou unha longa liña de gobernantes absolutos chamados kabakas, destacando dos outros reinos co tempo polo seu poder e constituíron a columna vertebral da actual Uganda.

Descubrimento e colonización europea[editar | editar a fonte]

Descubrimento europeo do lago Vitoria por John Hanning Speke, o 1858.

Descubrimento[editar | editar a fonte]

O lago foi descuberto polos europeos en 1858 cando o explorador británico John Hanning Speke chegou á súa orla meridional con Richard Francis Burton para acharen a fonte do Nilo por razóns estratéxicas da administración colonial británica. Acreditando que achara a fonte do Nilo ao ver esta expansión de auga por primeira vez, Speke nomeou o lago homenaxeando a entón raíña do Reino Unido, a Raíña Vitoria (1831-1901). Burton, que se estaba recuperando dunha enfermidade nese momento e proxectara descansar máis adiante, ao sur, nas orlas do lago Tanganica, ficou enfurecido coa audacia de Speke de reivindicar soamente para el a descuberta.

David Livingstone.

O coñecido explorador e misioneiro británico David Livingstone fallou na tentativa de verificar a descuberta de Speke, indo moi ao oeste. Outra tentativa foi feita polo explorador americano Henry Morton Stanley que confirmou a verdade da descuberta de Speke circunavegando o lago e relatando a descuberta da catarata de Rippon na costa norte.

Colonización europea[editar | editar a fonte]

O kabaka de Buganda, Muteesa, deu a bienvenida aos europeos e en 1890 asinou un acordo coa Compañía Británica da África Oriental para gardar dos alemáns o seu reino. A partir dese momento comezou gradualmente un goberno indirecto Inglés na zona norte do lago Vitoria e os alemáns liderado por Emin Paxá colonizarón o territorio do África Oriental Alemá incluíndo a parte sur do lago máis tarde coñecida o nome de Tanganica.[17]

O estaño foi o escenario de enfrontamentos navales durante a Primeira Guerra Mundial entre británicos e alemáns. O xeneral alemán Vorbek Lettow -quen dirixiu unha guerrilla contra as forzas efectivas da Alianza (Alemaña, Bélxica, Portugal e Reino Unido) creou unha pequena forza naval que se despregou no lago. En resposta, os británicos traen desde Inglaterra cañons desmantelados e transportados por ferrocarril ata o lago para tomar o control deste.[18] O 17 de xullo de 1916, capturáronse dous barcos a vapor alemáns en Nyanza.[19] Dada a disparidade de forzas, os alemáns tiveron que retirarse da zona.

Ecoloxía e Impactos Sociais[editar | editar a fonte]

Variación da altura do lago Vitoria.
Crecemento da densidade en torno ao lago Vitoria.
Human density Lake Victoria.png
Linguas locais nas beiras do lago.

O Lago Vitoria ten un papel vital apoiando millóns de persoas que viven ao seu redor, nunha das rexións máis densamente poboadas da Terra, a África Oriental.

Tamén é un ecosistema extremadamente doente. Durante os anos cincuenta, un peixe chamado Perca do Nilo[20] (Lates niloticus), un voraz predador, foi introducido no lago, nunha tentativa de mellorar os rendementos de pesca, mais acabou devastando o ecosistema local, decimando máis de 200 especies nativas. Máis tarde, os bos lucros iniciais coas capturas da Perca do Nilo diminuíron dramaticamente. Actualmente, a Perca do Nilo está sendo retirada, e é sabido que algunhas das especies nativas aumentaron novamente.

Un eco-problema cun resultado máis feliz foi a loita contra o aumento enorme do Xacinto de auga (Eichhornia crassipes), nativa da América tropical, que forma un tapete espeso, causando dificultades para o transporte e a pesca. En 1995, o 90% do litoral do Uganda foi cuberto pola planta, mais conseguíronse bos resultados na resolución deste problema, através da introdución dun insecto que só se alimenta desta planta, que ten o nome científico de Neochetina eichhorniae.

A perda de osíxeno no lago por causa da contaminación tornou a auga turba e consecuentemente houbo un aumento de hibridacións entre os Haplocromídeos do lago.

Medio de Transporte[editar | editar a fonte]

Desde 1900 as balsas que atravesan o Lago Vitoria son o medio mais importante de transporte entre Uganda, Tanzania e Quenia.

Os portos principais no lago son:[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Hickling, C. F. (1961). Tropical inland fisheries. Londres: Longmans.
  2. Lake Victoria (en inglés)
  3. "Victòria" (en Catalán). Gran Enciclopèdia Catalana. Grup Enciclopèdia Catalana. http://www.enciclopedia.cat/enciclop%C3%A8dies/gran-enciclop%C3%A8dia-catalana/EC-GEC-0238231.xml?s.q=vict%C3%B2ria#.U9snGHVO1D8. Consultado o 1/08/2014.
  4. Prado, J.; Beare, R.J.; Siwo Mbuga J.; Oluka, L.E. (1991). A catalogue of fishing methods and gear used in Lake Victoria. UNDP/FAO Regional Project for Inland Fisheries Development (IFIP), FAO RAF/87/099-TD/19/91 (En). Roma: Food and Agricultural Organization (FAO).
  5. Reader, J. Africa , Washington, DC: National Geographic Society, 2001, p. 227
  6. Hickling , 1961
  7. 7,0 7,1 Reader, p. 228
  8. Sturmbauer, C.; Baric, S.; Salzburger, W.; Rüber, L.; Verheyen, E. (2001). "Lake Level fluctuaciones Synchronize Genetic divergencia of Cichlid Fishes in African Lakes". Molecular Biology and Evolution , 18 (2001): 144 - 154.
  9. Stager, JC; Johnson, TC (2008). "The late Pleistocene desiccation of Lake Victoria and the origin of its endémico biota". Hydrobiologia 596 (1): 5 - 16. DOI: 10.1007/s10750-007-9158-2
  10. Whitehead, P.J.P. (1959). "The river fisheries of Kenya 1: Nyanza Province". East African Agricultural and Forestry Journal 24 (4): 274-278.
  11. Hickling, 1961, pp. ?
  12. Ominde, S.H. (1971). "Rural economy in West Kenya". A Ominde, S.H. (Ed.). Studies in East African geography and development: essays presented to S. J. K. Baker, Heinemann Educational Books Ltd., Londres: 207-209.
  13. Hecky, R.E.; Bugenyi, F.W.B.; Ochumba, P.; Talling, J.F.; Mugidde, R.; Gophen, M.; Kaufman, L. (1994). "Deoxygenation of the Deep Water of Lake Victoria, East Africa". Limnol. Oceanogr. 39 (6): 1476-1481.
  14. Hecky, R. E. (1993). "The eutrophication of Lake Victoria". Verh. Internat. Verein. Limnol. 25 (1993): 39-48.
  15. Ochumba, P.B.O.; Kibaara, D.I. (1989). "Observations of blue-green algal blooms in the open waters of Lake Victoria, Kenya". African Journal of Ecology 27 (1989): 23-34.
  16. Dades recollides a L'Afrique des Grands lacs p. 29
  17. Voir Philippe Marchand. L'Afrique et l'Europe. Atlas du XX siecle, Éditions Complexe, 1994, p. 218.
  18. Vernonjohns.org/
  19. First World War.com. "On This Day. 17 de juliol de 1916"
  20. LA PERCA DEL NILO EN EL LAGO VICTORIA (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]