Mar Morto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O río Xordán e o mar Morto

O mar Morto, en hebreo ים המלח, árabe البحر الميت, é un lago de auga salgada do Oriente Medio.

Características[editar | editar a fonte]

Afundir no Mar Morto é mesmo difícil!

Cunha superficie de aproximadamente 1.050 km², é alimentado polo río Xordán e baña a Xordania, Israel e a Cisxordania. En 50 anos, o mar Morto perdeu un terzo da súa superficie, en gran parte por causa da explotación excesiva do seu afluente, única fonte de auga doce da rexión.

O mar Morto ten ese nome debido ao feito de que a cantidade de sal das súas augas, que é dez veces maior que a dos océanos, impide calquera forma de vida. A "auga" é un cóctel de sales moi diferente do sal dun océano normal. Os peixes traídos polo río Xordán, ao caeren no Mar, morren instantaneamente. Apenas algunhas bacterias e plantas que fican nas marxes conseguen sobrevivir alí. A título de comparación, nos océanos, o número de gramos de sal por cen mililitros de auga non pasa de tres, mentres que no mar Morto esa taxa é de 30 a 35 gramos de sal por 100 ml de auga.

O mar Morto é o punto máis baixo do globo: 417 metros baixo o nivel do mar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]