Megálitos de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta é unha lista de monumentos megalíticos de Galicia, ordenados por provincias.

Índice

[editar] A Coruña

Denominación Localización Data ocupación Observacións
Arca da Piosa Zas Conserva catro ortóstatos da cámara poligonal e dous do corredor (de máis dun metro). O poeta Eduardo Pondal situou aquí a tumba do mítico guerreiro Brandomil.
Arca do Barbanza Boiro Localizada nos Chans de Iroite. É o de maiores dimensións do Barbanza, con 6,60 m de lonxitude, tres eles do corredor. Cámara poligonal que conserva seis ortóstatos, faltándolle o da cabeceira.
Casota de Freáns Vimianzo 2500-2000 a.C. Atópase na parroquia de Berdoias. De pequenas dimensións consérvase en bastante bo estado. Ten planta rectangular cunha lonxitude de 2,70 metros. Nel aprécianse gravados en forma de pequenas covas e cruces. Coñecido por ser un exemplo de Cista megalítica, e dicir, dolmen tardío de pequenas dimensións, exemplo de tipoloxía de finais do megalitismo. Construíuse con granito dos arredores. Na superficie interior dos tres ortóstatos que sosteñen a tampa aprécianse gravados con motivos cruciformes e cazoletas de cronoloxía incerta.
Casota do Fusiño Boiro Situada nos Chans de Iroite. Conserva sete ortóstatos da cámara poligonal e dous ortóstatos do corredor.
Casota do Páramo Boiro Situada nos Chans do Iroite. De cámara poligonal con corredor, formada por sete ortóstatos e coa tampa partida.
Dolmen da Pedra da Arca Dumbría Tamén coñecido como Casa das Mouras ou mouros, preto do Castro de Regoelle en Dumbría Cunha lonxitude de 7,50 metros (3,80 de cámara). Conserva tres ortóstatos e corredor de dous tramos parcialmente tapado polo túmulo. Pódense apreciar restos de gravados similares aos de Dombate, liñas onduladas e manchas vermellas.
Dolmen de A Cavada Boiro Atópase nos Chans de Iroite. A cámara atópase parcialmente oculta polo túmulo. Conserva oito ortóstatos.
Dolmen de Alazo Frades De grandes dimensións. Tamén coñecido como Dolmen de Peneda de Guntín. Atópase derruído (seis ortóstatos ) como consecuencia das obras da concentración parcelaria de 1995.
Dolmen de Argalo Noia Non conserva a tampa, perdida a principios do século XX, pero si os sete ortóstatos da planta poligonal. A entrada está orientada cara ao leste. Escavado por C. García Martínez en 1980, descubriuse un anel pétreo rodeando o túmulo, a máis de puntas de frecha, un coitelo de sílex, dous machados e restos de cerámica.
Dolmen de Axeitos Ribeira Sito na parroquia de Oleiros. Coñecido como o "Partenón galego". Planta poligonal con corredor formada por sete ortóstatos. É propiedade da Deputación da Coruña. a súa situación atópase ven sinalizada no aceso ao complexo das Dunas de Corrubedo.Orientación tradicional ao leste.
Dolmen de Cabaleiros Tordoia Coñecido tamén como Casa da Moura. Cámara poligonal conformada por sete ortóstatos. Propiedade da Deputación Provincial da Coruña. Sen escavar.
Dolmen de Dombate Cabana de Bergantiños 3.900 - 2.700 a.c.
Dolmen de Recesinde Vimianzo Sitúase na parroquia de Carantoña. Conserva seis ortóstatos da cámara poligonal. Pouco visible por atoparse oculto polo túmulo de gran tamaño, aínda que parcialmente destruído.
Dolmen de Serramo Vimianzo Tamén coñecido como Pedra da Lebre. Posúe planta poligonal composta de cinco ortóstatos e un pequeno corredor. As pedras que conforman este megálitos destacan polas súas grandes dimensións.
Dolmen de Vilaseco Vimianzo Próximo a Berdoias. Atópsae nunha leira privada.
Dolmen de Zaramacedo Santiago de Compostela Situado na parroquia de Bando. Conserva a cámara de reducidas dimensións. Próximos a el existían outros monumentos megalíticos xa case desaparecidos. Non foi escavado.
Fornela dos Mouros Laxe Situase en Aplazadoiro. Cista megalítica característica da fase final do megalitismo galego. Componse de tres ortóstatos dispostos rectangularmente.
Forno dos Mouros - A Moruxosa Toques Escavado por Jacobo Vaquero entre 1987 e 1989. Ten cámara poligonal composta de sete ortóstatos e corredor de dous tramos. No interior apareceron restos de pintura vermella e negra sobre unha base branca, en forma de zigzags.
Forno dos Mouros Ortigueira Estudado nos anos corenta por Federico Maciñeira. Conserva sete ortóstatos de cuarcita na cámara e dous no corredor. Mide 3,20 metros por 3 metros.
Necrópole de Os Campiños Rianxo Composta por seis túmulos, o nº 6 foi escavado por Fábregas e De La fuente no ano 1984. Consta de sete ortóstatos. Atópase reconstruído.
Dolmen de Pedra Cuberta Vimianzo Sito na parroquia de Treos preto da aldea de Arxomil. É de grandes proporcións cun corredor de entrada de máis de seis metros de longo e cunha altura de case dous metros. Fáltalle a lousa de cobertura da cámara principal. Nel atopouse a pintura dun ídolo en cores vermella e negra sobre branco.
Pedra da Arca Malpica de Bergantiños 3000 a 2500 a.c. Situado na parroquia de Cerqueda. Mal estado de conservación.
Pedra da Xesta Boiro Localízase nos Chans de Iroite. O túmulo atópase destruído aínda que conserva restos da coiraza e o anel pétreo. Trátase dunha pequena cista rectangular composta por seis ortóstatos (2 m. de longo, 90 cm. de ancho e 90 cm. de alto).
Pedra Moura de Aldemunde Carballo Carece de túmulo. Ortóstatos removidos.
Pedra Moura de Monte Carneo Vimianzo De planta poligonal e corredor curto.
Pedra Vixía Zas Conformado por nove ortóstatos, atópase na actualidade profundamente alterado.
Pena do raposo Melide Escavado nos anos 20. Consta de cámara poligonal e un curto corredor. Atópase moi alterado, carecendo de lousa de cobertura.
Mina da Parxubeira Mazaricos Tamén coñecido como Dolmen de Corveira. Foi escavado por Antón Rodríguez Casal entre 1977 e 1984, descubrindo na periferia do túmulo catro estelas antropomorfas e algúns betilos, cerámica campaniforme, láminas de sílex, unha punta de frecha...
Menhir de Sirves Ribeira Na parroquia de Olveira, no lugar de Sirves.

[editar] Lugo

Denominación Emplazamento Data ocupación Observacións
Dolmen de Abuíme O Saviñao Posúe unha cámara poligonal de aproximadamente 2 metros de altura, conserva cinco ortóstatos, do total de dez que conformalo orixinariamente. A tampa foi subtraída a principios do século XX.
Dolmen de Bravos Outeiro de Rei De pequeno tamaño e parcialmente oculto no seu túmulo. Consta de sete ortóstatos da cámara poligonal e restos do corredor.
Dolmen de Hospital A Fonsagrada Preto do antigo Hospital de peregrinos de Montouto. Conserva catro ortóstatos de grandes dimensións. Non conserva túmulo.
Capela dos Mouros Vilalba Necrópole de dous túmulos. Foi estudado nos anos 50 por Georg e Vera Leisner. Conserva catro ortóstatos da cámara e dous do corredor partidas.
Chao de Mazós Begonte Conserva o túmulo. A cámara formase con sete ortóstatos de pequeno tamaño.
Dolmen de Mollafariña Xermade Cámara poligonal composta por dez ortóstatos de cuarcita. Atópase en mal estado de conservación.
Dolmen de Moruxosa Friol Pequeno dolmen formado por seis ortóstatos que conforman unha cámara poligonal de 1,70 por 1,50. Conserva restos do túmulo.
Pedra da Arca (A Pontenova) A Pontenova Del só se conserva un ortóstato que mide 1,50m de altura, 1,20 de anchura e 12 cm. de espesor.
Roza das Modias Vilalba Situado na parroquia de San Xoán de Alba no monte de Galde. Forma parte dunha necrópole composta por seis túmulos. O túmulo ten 12 metros de diámetro e 1,50 de altura. A cámara é poligonal sen lousa de cobertura e oito ortóstatos visiblemente inclinados cara ao interior. Catro deles posúen gravados moi visibles de liñas onduladas paralelas.
Santa Mariña O Incio - Sarria Necrópole composta por trinta túmulos no monte do mesmo nome. Algúns conservan restos da cámara megalítica Foi escavada baixo a dirección de Antón Rodríguez Casal.
Santo Tomé O Valadouro Dolmen situado preto do recinto do curro. Atópase semisoterrado no seu túmulo e conformase con catro ortóstatos e tampa. ten unha altura de 1,50 metros.

[editar] Ourense

Denominación Localización Data ocupación Observacións
Casa da Moura Entrimo Un dos máis espectaculares de Galicia polas súas dimensións e o bo estado de conservación. Situado no lugar de Queguas. A cámara consta de seis ortóstatos que sosteñen unha tampa de grandes dimensións, e un corredor dun só tramo. Ten unhas dimensións de 4 metros de lonxitude e máis de dous de altura.
Casiña da moura Muíños 3.500 - 2.500 a.c. Situado no Val do Salas, xunto ao encoro. Trátase dun dolmen de corredor. A construción da presa obrigou ao seu traslado. Escavouno Florentino López Cuevillas en 1927, e en 1972 por Ferro Couselo. A cámara poligonal componse de sete ortóstatos cunha tampa. Mide 2,85 por 2,60.
Casola do Foxo Muíños 3.500 - 2.500 a.c. No Val do Salas, moi preto de A Casiña da moura. É un dolmen de cámara simple poligonal composta de sete ortóstatos, cunhas dimensións de 2,40 por 2,60 e unha altura de 1,20. Durante a escavación atopáronse restos de cerámica campaniforme.
Dolmen de Codesás Melón Destruído.
Outeiro de Cavaladre Muíños 3.500 - 2.500 a.c. No Val do Salas. Trátase dunha necrópole composta por catorce túmulos. Dous deles o M-1 e M-5 foron escavados por José María Eguileta entre 1990 a 1994. O M-1 ten unha cámara composta por nove ortóstatos e un corredor pouco diferenciado. Aportou un enxoval con abondosos fragmentos de cerámica e puntas de frecha. O M-5 era do tipo cista formada por seis ortóstatos. Tamén aportou abondosos fragmentos cerámicos, puntas de frecha e micrólitos.
Mámoa da Xirazga Beariz
Mota Grande Verea Túmulo de grandes dimensións cubre unha cámara megalítica composta por cinco ortóstatos. Foi escavado en 1990 e 1994 descubríndose restos de pintura en dous dos ortóstatos e un gravado moi orixinal. Forma parte dunha gran necrópole na Serra de Laboreiro composta por 130 túmulos en España e Portugal.
Necrópole de San Cibrao A Bola Localízase na parroquia de Pardavela. O túmulo nº1 componse dunha cámara megalítica caso circular de oito ortóstatos, que mide 2,10 por 2,40 e un corredor cun tramo de 1,40 metros. A nº2 conserva parte do túmulo e unha cámara poligonal composta por oito ortóstatos. Mide 2 por 2,50 metros.

[editar] Pontevedra

Denominación Localización Data ocupación Observacións
Casa dos Mouros Vigo 3.000 - 1.800 a.c. Sito en Candeán. Tamén coñecido como Dolmen de Candeán. O monumento conserva 5 laxes que lle confiren unha planta poligonal coa entrada cara ao nacente. A laxe da cuberta aparece caída e apoiada nun lateral. Conserva restos do túmulo. Ten unhas dimensións de 3x2 metros e unha altura de dous metros.
Casiña da Moura Meis Forma parte da Necrópole de Fonte do Lagarto. Conserva seis ortóstatos da planta poligonal. En mal estado de conservación.
Chan da Arquiña Moaña Cámara poligonal e corredor orientado cara ao leste. Conserva parte do túmulo. Escavouno Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza que o restaurou en 1953. Ten once ortóstatos na cámara e cinco no corredor. A tampa atópase partida. Ten unha lonxitude total de 5,20 metros, ancho de 3,45 e 2,20 de altura.
Chán das formigas Vigo
Chan de Armada Marín Conserva unha cámara poligonal cun corredor incipiente.
Chan de Castiñeiras Marín Situado moi preto da Mámoa do Rei. A cámara conformada por dez ortóstatos atópase moi alterada. dous deles presentan profusa decoración con liñas horizontais gravadas na superficie. A estrada próxima destruíu gran parte do túmulo.
Couto dos mouros Rodeiro A cámara atópase en parte semisoterrada. Cámara poligonal composta por oito ortóstatos, un deles con visibles restos pictóricos en zigzags vermellos. Conserva un corredor dun tramo.
Mámoas do Coto da Pedreira Rodeiro
Dolmen de Meixoeiro Mos Tamén coñecido como Dolmen de San Cosme ou Dolmen das Minas. Localízase nos terreos do Círculo Mercantil de Vigo, xa que foi trasladado do seu emprazamento orixinal. É un dolmen de corredor curto orientado cara ao leste cunha cámara composta por cinco ortóstatos.
Mámoa da Cruz Lalín Forma parte dunha necrópole de seis túmulos, tres deles recentemente destruidos ó roturar un prado. Atópase en moi mal estado. Nun dos ortóstatos atopáronse gravados serpentiformes.
Mámoa de Boi Morto A Estrada
Mámoa de Costa da Freiría Vigo Escavada nos anos trinta, conserva a cámara de planta poligonal composta por oito ortóstatos e restos do corredor orientado cara ao sueste.
Mámoa do Rei Redondela Localizado na parroquia de Trasmañó. Forma parte da Necrópole de Monte Penide (composta por 39 túmulos). Posúe planta poligonal orientada cara ao leste e conserva seis ortóstatos. O túmulo de terra é dun diámetro de 15 metros e uns 2,5 de altura.
Mámoa do Rei Vilaboa O dolmen situado no interior dun túmulo de 3 metros de altura e 30 metros por 20 atópase moi danado. Conserva catro ortóstatos do corredor. Nun deles apareceron varias liñas de gravados en zigzag baixo un signo cruciforme.
Mámoa do Rei Marín
Mamuela A Estrada
Necrópole de A Madroa Vigo Conformado por dous túmulos moi próximos: O Nº 1 escavado clandestinamente conserva unha cámara poligonal composta por cinco ortóstatos orientada cara ao leste. O Nº 2 componse dunha cámara poligonal formada por sete ortóstatos de pequeno tamaño e restos do corredor.
Necrópole de Marco do Camballón Vila de Cruces Composta por quince túmulos, algún deles escavado como o Nº 5, no que apareceron restos cerámicos campaniformes, un disco perforado e, nun dos ortóstatos, gravados serpentiformes e un motivo solar.
Lapa de Gargantáns Moraña Situada na parroquia de Gargantáns, trátase dunha das poucas pezas de Galicia que poden ser consideradas un menhir prehistórico.

[editar] Galería de imaxes

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos


Arquitectura prehistórica de Galicia
Cronoloxía Neolítico | Idade da Pedra | Idade do Cobre | Idade do Ferro
Megálitos
Tipos mámoa, medorra ou túmulo | dolmen ou anta | menhir ou pedrafita | cista
Elementos ortóstato | cono de violación
En Galicia cultura | imaxes
Petróglifos
En Galicia GGAR | Petróglifos de Campo Lameiro | Petróglifos de Mogor | Castriño de Conxo | Laxe das Rodas | O Chan da Ferradura | Outros petróglifos
Castros
En Galicia cultura castrexa | cerámica castrexa
Castro de Armea | Castro de Baroña | Castro de Borneiro | Castro de Castromao | Castro de Elviña | Castro de Fazouro | Castro de Punta dos Prados | Castro de San Cibrao de Las | Castro de San Millao | Castro de Santa María de Cervantes | Castro de Santa Trega | Castro de Troña | Castro de Viladonga | Castro de Zoñán | Outros castros


[editar] Ligazóns externas

Megálitos de España e a súa bibliografía

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas