Adobe
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Este artigo trata sobre o material de construción, para o artigo sobre a empresa de software véxase Adobe Systems.
O adobe é un material feito con barro mesturado con palla ou feo e secado ó sol, utilizado na construción. As estruturas de abobe son extraordinariamente duradeiras e as edificacións de adobe son as máis antigas que se conservan, na cidade de Çatalhöyük (Anatolia). Ademais, contan coa vantaxe de que nos climas cálidos conservan o interior frío, aínda que requiren dun mantemento continuo xa que a auga da chuvia desfai o adobe.