Provincia de Entre Ríos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Provincia de Entre Ríos
Bandera de la Provincia de Entre Ríos.svg Escudo de la Provincia de Entre Ríos.svg
Lema Federación, libertad y fuerza
Himno Marcha de Entre Ríos
Capital
poboación (ano)
Paraná
247.863 habitantes (2010)
Provincia de Entre Ríos (Argentina).svg
Gobernador Sergio Urribarri (FPV-PJ)
Superficie 78.781 km²
Poboación
Densidade
1.236.300 hab.(2010)
15,69 hab./km²
Xentilicio Entrerriano

A provincia de Entre Ríos é unha das 23 provincias de Arxentina. Ten unha poboación de 1.236.300 habitantes (2010),[1] sendo a sétima provincia máis poboada do país, co 3,1% da poboación total nacional. A súa capital é Paraná.

Forma parte da Rexión Centro, aínda que tamén se inclúe como parte da Mesopotamia conformada polos ríos Uruguai e Paraná, no Litoral arxentino. Limita polo sur coa Provincia de Buenos Aires, polo oeste coa Provincia de Santa Fe, polo norte coa Provincia de Corrientes e polo leste coa República Oriental do Uruguai.

Con 78.781 quilómetros cadrados (distribuídos territorialmente en 66 976 km² de terra firme e 11 805 km² de illas e terras anegadizas), é a décima sétima provincia máis extensa do país, ocupando o 2,83 % da superficie total do mesmo.

A miúdo defínese como unha provincia de carácter "insular", por estar rodeada por ríos e arroios. Os seus principais accesos están constituídos por pontes e un túnel subfluvial. A rede de auga superficial e profunda, a través de acuíferos e apta para o consumo inmediato, é até 12 veces maior que en calquera outra provincia arxentina. [2]

A provincia tivo un destacado papel na etapa de organización nacional; sendo Territorio Federal da Capital do país durante a presidencia de Justo José de Urquiza.


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Datos do censo 2010
  2. Agua, el tesoro líquido de Entre Ríos lanacion.com. Consultado o 4 de agosto de 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]