La Voz de Ortigueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Voz de Ortigueira
FundadorDavid Fojo Díaz
LocalidadeOrtigueira
editar datos en Wikidata ]

La Voz de Ortigueira é un semanario galego en castelán que se publica en Ortigueira dende o 4 de xuño de 1916.[1]

Historia e características[editar | editar a fonte]

O primeiro número saíu o 4 de xuño de 1916. O fundador e propietario foi o impresor David Fojo Díaz, propietario dunha imprenta en Ortigueira, e que xa imprimira outros periódicos. O director desde o primeiro número foi foi Jesús Fojo Díaz, fillo do propietario; nos anos 40 fíxose cargo do xornal David Fojo Salgueiro, neto do fundador[2].

No período que vai desde a súa fundación ata a Guerra Civil tivo un carácter agrarista, posicionándose en favor do político local Leandro Pita Romero.

No ano 2005 tiña unha tiraxe de 2.500 exemplares segundo o Consello da Cultura Galega.

Na actualidade, o semanario está dirixido por María Carmen Fojo Bouza[2] e sae regularmente os venres con 4 páxinas. Inclúe tanto artigos de actualidade local como artigos de fondo referidos a temas alleos a Ortigueira e a súa comarca. Xa non se imprime na imprenta Fojo, pois está sen actividade, senón na imprenta Neira, de Viveiro, editora da publicación irmá El Heraldo de Vivero.

Varios dos seus colaboradores utilizan pseudónimos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fortes (1997), p. 501
  2. 2,0 2,1 Silva Rodríguez, Alba (Coord.) (2017). O impacto da prensa local na configuración do tecido social e político. O caso de La Voz de Ortigueira. Deputación Provincial da Coruña. ISBN 978-84-9812-316-6. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]