Saltar ao contido

Schweizer Münzblätter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Schweizer Münzblätter
 Título
Schweizer Münzblätter Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua
Temática
 Tema principal
Localización
 País de orixe
Identificadores
ISSN0016-5565 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Dialnet: 10263
Wikidata

A Schweizer Münzblätter (de), cabeceira trilingüe tamén titulada Gazette Numismatique Suisse (fr) e Gazzetta Numismatica Svizzera (it) é unha revista numismática de periodicidade trimestral publicada pola Sociedade Suíza de Numismática desde outubro de 1949.[1][2]

O seu primeiro director foi Herbert A. Cahn, ata 1964.[1][3]

Schweizer Münzblätter (SM) é un dos dous órganos de expresión da Sociedade Numismática Suíza, xunto con Schweizerische Numismatische Rundschau (SNR).[2]

A revista publica artigos científicos sobre a historia da moeda, o diñeiro e a economía ao longo da historia e en diferentes rexións, escritos en calquera dos tres idiomas da súa cabeceira. No entanto, os artigos publicados en SM adoitan ter menor extensión que os aparecidos en SNR. Ademais destes artigos, Schweizer Münzblätter é un boletín informativo sobre numismática suíza, con recensións bibliográficas, noticias, e avisos sobre exposicións e conferencias sobre numismática, así como as actas da Sociedade Numismática Suíza.[2]

Consello editorial

[editar | editar a fonte]

O consello editorial das revistas publicadas pola Sociedade Suíza de Numismática está composto polas seguintes persoas:[4]

  1. 1,0 1,1 Schweizer Münzblätter. Cabeceira do número 1. Outubro de 1949.
  2. 2,0 2,1 2,2 "Numisuisse - Schweizerische Numismatische Gesellschaft". www.numisuisse.ch (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2024. Consultado o 2024-11-26. 
  3. "HerbertCahn". En Dictionaire Historique de la Suisse.
  4. "Editorial Board Arquivado 24 de xuño de 2021 en Wayback Machine.". Schweizerische Numismatische Gesellschaft.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]