Comunidade Francesa de Bélxica
Communauté française de Belgique Comunidade francesa de Bélxica | ||
---|---|---|
| ||
Estado | ![]() | |
Capital | Bruxelas | |
Cidade máis poboada | Bruxelas | |
Lingua oficial | Francés e, en Bruxelas, neerlandés e francés | |
Forma de goberno | Parlamento da Comunidade Francesa de Bélxica | |
Rudy Demotte (PS) | ||
Federación | 1980 | |
• Total | 16 151 km² | |
• Total | 4 226 744 (2007) hab. | |
• Densidade | 262 hab./km² | |
A Comunidade Francesa de Bélxica (en francés: Communauté française de Belgique) é unha das tres comunidades lingüísticas de Bélxica. A súa sede atópase en Bruxelas e opera dentro das rexións belgas de Bruxelas-Capital e Valonia.
A Comunidade non designa a un territorio, senón á comunidade de persoas que se comunican en lingua francesa e que viven nas áreas onde a Comunidade ten competencias. A Comunidade francesa dispón de institucións propias: parlamento e goberno, e exerce as súas competencias nos ámbitos de educación, cultura, política lingüística, medios de comunicación, investigación, saúde, mocidade e deportes.
Descrición[editar | editar a fonte]
A Comunidade Francesa agrupa a 4,2 millóns de cidadáns francófonos, dos cales 3,3 millóns (78,6 %) viven na Rexión Valoa e 0,9 millóns (21,4 %) na Rexión de Bruxelas-Capital. Os valones residentes na área de fala alemá dos Cantóns do Leste, os flamengos de Bruxelas, e os francófonos residentes na periferia flamenga de Bruxelas non forman parte da Comunidade Francesa.
Institucións[editar | editar a fonte]
A cidade de Bruxelas é a sede do Parlamento e do Goberno da Comunidade Francesa.
Parlamento[editar | editar a fonte]
O Parlamento componse de 94 membros (os 75 membros do Parlamento valón e 19 membros elixidos entre os cargos electos francófonos do Parlamento da rexión de Bruxelas capital).
Goberno[editar | editar a fonte]
O Parlamento elixe ao Goberno. Un dos seus membros pertence polo menos á rexión de Bruxelas capital.
Desde o 20 de marzo de 2008, o Goberno da Comunidade Francesa está presidido por Rudy Demotte, membro do Partido Socialista (PS) e ministro-presidente do goberno valón.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Comunidade Francesa de Bélxica ![]() |