Bruxelas-Capital

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Région de Bruxelles-Capitale
Brussels Hoofdstedelijk Gewest
Bandeira de Bruxelas-Capital
Bandeira
 
Brussels in Belgium and the European Union.svg
 
Estado Bélxica Bélxica
Capital
 • Poboación
Cidade de Bruxelas
n/d
Linguas
 • Oficiais
Francés, neerlandés
As dúas
Estatus
 • Presidente
Goberno
n/d
Creación
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas

161 km² km²
n/d
n/d km
n/d km
Poboación
 • Total
 • Densidade

1.120.000 hab. (01/11/2010)
6.939 hab./km² hab./km²
Xentilicio n/d
Fuso horario n/d
Dominio de Internet n/d
Código ISO n/d
Subdivisións de Bélxica

A Rexión de Bruxelas-Capital (francés: Région de Bruxelles-Capitale, neerlandés: Brussels Hoofdstedelijk Gewest) ou ben Rexión de Bruxelas (francés: Région Bruxelloise, neerlandés: Brusselse Gewest) é unha das tres Rexións que compoñen Bélxica. Esta rexión, bilingüe segundo os estatutos municipais, está habitada por belgas que pertencen ás dúas principais comunidades lingüísticas do país: a comunidade francesa e a comunidade flamenga. Estímase que 50% da poboación bruxelense é francófona pola orixe da súa lingua materna, 10% flamenga e 40 % falan outras linguas (empregando case exclusivamente como lingua franca o francés), no seu conxunto o francés é empregado polo 95,55% da poboación de xeito habitual. Por mor da presenza no seu territorio de numerosas institucións internacionais, atópase igualmente entre as concentracións máis importantes de habitantes nados doutros países da Unión Europea. A isto súmanse numerosos inmigrantes procedentes do Magreb (especialmente de Marrocos) de Turquía, de América, de África (especialmente da República Democrática do Congo, antiga colonia belga) e da Europa central, facendo da Rexión un conxunto cosmopolita e multicultural.

Historia[editar | editar a fonte]

O 18 de xuño de 1989, por primeira vez, os bruxelenses elixen directamente aos seus representantes rexionais. Bruxelas-Capital constitúe dende entón unha Rexión autónoma, comparable ás Rexións de Flandres e a Rexión Valoa.

Composición[editar | editar a fonte]

Distribución dos concellos de Bruxelas-Capital.

A Rexión componse de 19 concellos (communes): Bruxelas, que se atopa no centro, e ao seu ao redor os 18 restantes. Os 19 municipios son (co código postal):

  1. Anderlecht (1070)
  2. Bruxelles-Ville (1000, 1020, 1120, 1130, 1040, 1050)
  3. Ixelles (1050)
  4. Etterbeek (1040)
  5. Evere (1140)
  6. Ganshoren (1083)
  7. Jette (1090)
  8. Koekelberg (1081)
  9. Auderghem (1160)
  10. Schaerbeek (1030)
  11. Berchem-Sainte-Agathe (1082)
  12. Saint-Gilles (1060)
  13. Molenbeek-Saint-Jean (1080)
  14. Saint-Josse-ten-Noode (1210)
  15. Woluwe-Saint-Lambert (1200)
  16. Woluwe-Saint-Pierre (1150)
  17. Uccle (1180)
  18. Forest (1190)
  19. Watermaal-Bosvoorde (1170)

Situación lingüística[editar | editar a fonte]

A rexión de Bruxelas-Capital distínguese das outras dúas pola seu bilingüismo oficial: o francés e o neerlandés son de uso obrigado en todos os servizos públicos (administracións, hospitais, policía...). De facto, o francés é amplamente maioritario na poboación (95,55%), debido tanto á aprendizaxe na escola como ao fluxo migratorio dende países francófonos.[1]

De acordo coa lingua materna dos habitantes, a distribución é a seguinte:

  • Francés: 51,6%
  • Neerlandés: 9,5 %
  • Bilingüe francés/neerlandés: 9,9%
  • Bilingüe francés/outro idioma: 9,3%
  • Outros idiomas: 19,7%

A distribución de linguas correctamente faladas na práctica pola poboación sería a seguinte:

  • 95,55% da poboación fala francés.
  • 35,40% da poboación fala inglés.
  • 28,23% da poboación fala neerlandés.
  • 7,39% da poboación fala español.
  • 6,36% da poboación fala árabe.
  • 5,72% da poboación fala italiano.
  • 5,56% da poboación fala alemán.
Taalevolutie Brussel-ES.png

Historicamente Bruxelas é unha cidade flamenca na que o idioma popular era o neerlandés, mais no século XIX do mesmo xeito que en practicamente toda Europa, a nobreza e a alta burguesía falaba francés. Cando Bélxica independízase, as clases dirixentes escollen o francés como lingua oficial do país, xa que o tiña coma un idioma máis culto e avanzado. Esta decisión ocasionaría posteriormente un conflito lingüístico aínda pendente de resolver.

En Bruxelas, onde se establece a corte, toda a burguesía convértese en francófona e tamén gran parte da poboación aprende o francés para mellorar as súas probabilidades de promoción. Posteriormente Bélxica recoñece como oficial o idioma neerlandés e tras marcar unha fronteira lingüística, Bruxelas como capital tanto de Bélxica como de Flandres é declarada oficialmente bilingüe, aínda que de facto o francés continuará sendo maioritario.

Clima[editar | editar a fonte]

Segundo a Clasificación climática de Köppen Bruxelas conta cun clima oceánico (Cfb).

Nuvola apps kweather.png Lugo Aeroporto (445 msnm)
(1971-2000)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura máxima absoluta (°C) 15.3 20.0 24.2 28.7 34.1 38.8 37.1 36.5 34.9 27.8 20.6 16.7
38.8
Temperatura máxima media (°C) 5.7 6.6 10.4 14.2 18.1 20.6 23.0 22.6 19.0 14.7 9.5 6.1
14.2
Temperatura media (°C) 3.3 3.7 6.8 9.8 13.6 16.2 18.4 18.0 14.9 11.1 6.8 3.9
10.54
Temperatura mínima media (°C) 0.7 0.7 3.1 5.3 9.2 11.9 14.0 13.6 10.9 7.8 4.1 1.6
6.9
Temperatura mínima máxima (°C) −21.1 −18.3 −13.6 −5.7 −2.2 0.3 4.4 3.9 0.0 −6.8 −12.8 −17.7
−21.1
Precipitacións (mm) 76.1 63.1 70.0 51.3 66.5 71.8 73.5 79.3 68.9 74.9 76.4 81.0
852.4
Horas de sol 59 77 114 159 191 188 201 190 143 113 66 45
1546
Humidade relativa media (%) 86.6 82.5 78.5 72.5 73.2 74.1 74.3 75.5 80.9 84.6 88.2 88.8
80
Fonte: KMI/IRM[2]

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Varias cidades están irmandadas coa Rexión de Bruxelas-Capital[3]:

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bruxelas-Capital

Oficiais

Non oficiais

Comunidades, rexións e provincias de Bélxica Bandeira de Bélxica
Comunidades: Flag of Wallonia.svg Comunidade Francesa de Bélxica | Flag of Flanders.svg Comunidade Flamenga de Bélxica | BE DG Fahne randlos.png Comunidade Xermanófona de Bélxica
Rexións e provincias: Flag of Flanders.svg Flandres: Antuerpen | Flandres Oriental | Brabante Flamengo | Limburgo | Flandres Occidental
Flag of Wallonia.svg Valonia: Hainaut | Liexa | Luxemburgo | Namur | Brabante Valón
Flag Belgium brussels.svg Rexión de Bruxelas-Capital