Princeton, Nova Jersey
| Princeton (en) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Estados Unidos de América | ||||
| Estado federado | Nova Jersey | ||||
| Condado | Condado de Mercer (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 30.681 (2020) | ||||
| Número de fogares | 9.806 (2020) | ||||
| Xeografía | |||||
| Situado na entidade territorial estatística | Trenton-Princeton, NJ Metropolitan Statistical Area (en) | ||||
| Superficie | 47,684048 km² | ||||
| Auga | 0,0262 % (1 de abril de 2010) | ||||
| Altitude | 58 m | ||||
| Comparte fronteira con | Lawrence Township (en) Plainsboro (en) Franklin Township (en) West Windsor Hopewell Township (en) Montgomery Township (en) South Brunswick (en) | ||||
| Creación | c. século XVII | ||||
| Organización política | |||||
| • Mayor of Princeton, New Jersey (en) | Mark Freda (2021–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 08540, 08541, 08542, 08543 e 08544 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 609 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | princetonnj.gov | ||||
Princeton é unha comunidade situada no condado de Mercer, Nova Jersey, Estados Unidos. A Universidade de Princeton está situada en devandita comunidade desde 1756. Aínda que Princeton é unha "cidade universitaria", hai outras institucións no seu territorio, incluíndo o Institute for Advanced Study, o Educational Testing Service (ETS), Opinion Research Corporation, Siemens Corporate Research, Bristol-Myers Squibb, Sarnoff Corporation, FMC Corporation, a Fundación Robert Wood Johnson, Amrep, Church and Dwight, Berlitz International, e a Dow Jones & Company.
A comunidade é equidistante entre Nova York e Filadelfia e está conectada con ambas desde o século XIX.[1] Pódese ir ás dúas cidades por autoestrada.
A capital de Nova Jersey é a cidade de Trenton, pero a residencia oficial do gobernador está en Princeton desde 1945.
A pesar de que tradicionalmente os princetonianos teñen unha forte identidade, a comunidade está composta de dúas entidades separadas: un municipio e un borough.
O borough central está completamente rodeado polo municipio. O borough separouse do municipio en 1894 nunha disputa por taxas escolares; as dúas municipalidades máis tarde formaron o Princeton Rexional Schools, e outros servizos públicos son controlados de maneira conxunta. Houbo tres referendos propondo a reunificación, pero foi rexeitada en todas as ocasións. O borough contén a rúa Nassau, a principal rúa comercial, a maior parte do campus da universidade, e a maior parte dos suburbios creados logo da segunda guerra mundial. O borough e o municipio teñen unha poboación de aproximadamente 30.000 habitantes.
Clima
[editar | editar a fonte]Princeton posúe un clima continental húmido, e xeralmente ten invernos fríos e veráns cálidos e húmidos. De acordo a Weather.com, a temperatura máis baixa rexistrada en Princeton foi de -27 °C, o 28 de xaneiro de 1935, e a máis alta, de 41 °C, o 9 de xullo de 1936.[2]
Educación
[editar | editar a fonte]A Universidade de Princeton é o elemento dominante da comunidade. O seu campus principal está situado en Nassau Street no borough e ao sur do municipio.
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Princeton Companion, by Alexander Leitch: "Harper, George MacLean"; the Princeton station was moved from under Blair Hall to its present location in 1918, PC: "Blair Hall".
- ↑ Weather Channel Retrieved 2011-09-21
- ↑ "Student orchestra to perform Italian music in Princeton", The Star-Ledger, June 4, 2010.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Clark, Ronald W. (1971) Einstein: The Life and Times. ISBN 0-380-44123-3
- Gambee, Robert. (1987) "Princeton" ISBN 0-393-30433-7
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Princeton Rexional Convention and Visitors Bureau Arquivado 26 de novembro de 2015 en Wayback Machine.
