Antonio Couceiro Freijomil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Couceiro Freijomil»)
Antonio Couceiro Freijomil
Antonio Couceiro Freijomil en 1918.jpg
Nacemento2 de xuño de 1888
Lugar de nacementoPontedeume
Falecemento9 de maio de 1955
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista, escritor e catedrático
Coñecido porDiccionario bio-bibliográfico de escritores
Na rede
Galiciana: 477
editar datos en Wikidata ]

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un filólogo, bibliógrafo, pedagogo e escritor galego, coñecido polo seu Diccionario bio-bibliográfico de escritores. Foi membro de número da Real Academia Galega desde 1941[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Placa na casa natal na rúa de Santo Agostiño de Pontedeume.

Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela e fundou en Pontedeume un colexio de primeiro ensino. Exerceu como profesor en varios colexios de Lugo e Ourense, onde casou con Elisa Pavón Rodríguez. Foi membro da Real Academia Galega e do Seminario de Estudos Galegos.

Fundou con Edmundo Roberes Alonso El Eco de Puentedeume en 1906,[2] foi redactor de Ecos del Eume, redactor xefe de El Diario de Orense e colaborou en La Zarpa, Galicia, El Norte de Galicia, Vida Gallega, El Compostelano, El Correo Gallego e La Noche.

Obra[editar | editar a fonte]

Diccionario bio-bibliográfico de escritores.
  • La aceptación del dolor, 1914.
  • Ortografía gallega. Bases para su unificación, 1929.
  • La bandera de Galicia, 1929.
  • Los factores del desenvolvimiento humano, 1934.
  • El idioma gallego, Historia, Gramática, Literatura, 1935.
  • Los niños anormales y su educación especial, 1936.
  • Historia de Pontedeume y su comarca, 1944.
  • Diccionario bio-bibliográfico de escritores, Editorial de los Bibliófilos Gallegos, 1951-1954.
  • Programa escolar, 1955.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Antonio Couceiro Freijomil". Real Academia Galega. 
  2. La Voz de Galicia, 21-2-1906, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]