Saltar ao contido

Ecos del Eume

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ecos del Eume
 Título
Ecos del Eume Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua
Datas
 Data de comezo
6 de febreiro de 1910 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
29 de setembro de 1918 Editar o valor en Wikidata
 Fundación / creación
6 de febreiro de 1910 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
 País de orixe
Wikidata

Ecos del Eume foi un semanario editado en Pontedeume entre 1910 e 1918.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario independiente, apareceu o 6 de febreiro de 1910. Fundado por Ramón Pena Miró e Rosendo Vilariño Tenreiro, foi dirixido por este último. Os dous fundadores máis Antonio Couceiro Freijomil formaban a redacción. Da parte artística encargarase Antonio Tenreiro Otero. Contou coa colaboración de Manuel Murguía, Francisco Tettamancy, Florencio Vaamonde, Antón Villar Ponte, Amador Rodríguez Guerra e Leopoldo Pedreira Taibo. Estaba en competencia co outro semanario eumés, Breamo. No eido literario, incluíu versos humorísticos en galego do poeta Miguel López Torre. Os textos, de temática variada, ían ilustrados con fotogravados, caricaturas e debuxos. No derradeiro ano de vida, publicou 18 entregas do Folletín: "Pontedeume. Apuntes históricos", de Antonio Couceiro Freijomil. Cesou a súa publicación o 29 de setembro de 1918, co número 449.[1]

  1. El Correo Gallego, 14-9-1963, p. 9.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]