Peter Christen Asbjørnsen
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Peter Christen Asbjørnsen | |
|---|---|
| P.C. Asbjørnsen | |
| Nacemento: | 1812 Christiania, Reino de Dinamarca e Noruega |
| Falecemento: | 1885 Oslo, Reinos Unidos de Suecia e Noruega |
| Lingua: | Noruegués |
| Xénero(s): | Conto popular, poesía |
Peter Christen Asbjørnsen, nado en Oslo (daquela chamado Christiania) o 15 de xaneiro de 1812 e finado na mesma cidade o 6 de xaneiro de 1885, foi un poeta e naturalista noruegués. A súa obra contribuiu á rexeneración da lingua norueguesa e fixo importantes investigacións sobre ciencias naturais.
Biografía [editar]
Naceu en Oslo pero estivo en contacto coa cultura rural e a tradición oral do seu país. Coñeceu a Jørgen Moe sendo un estudante e os dous viaxaron por toda Noruega para recoller e recompilar contos tradicionais, en 1841 comezaron a editalos nunha serie de folletos, nunha lingua escrita moi próxima á falada. A partir de 1850 dedicouse sobre todo ao estudo das ciencias naturais.