Xoves Santo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Celebración da Eucaristía

O Xoves Santo, celébrase o xoves anterior ao Domingo de Resurrección, no transcurso da Semana Santa cristiá. É o primeiro día do Triduo Pascual. Neste día a Igrexa católica conmemora a institución da Eucaristía na Última Cea de Xesús, e do Sacerdocio.