Wessex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wessex no século IX

Wessex foi un dos sete reinos principais (Heptarquía anglosaxoa) que precederon ó reino de Inglaterra. O nome vén de West Saxons e está situado no sur/suroeste de Inglaterra. Existiu como reino dende o século VI ata a aparición do estado inglés no século IX e como condado entre 1016 e 1066. Wessex foi precisamente o reino que conseguiu unificar Inglaterra ó someter os demais reinos anglosaxóns baixo a súa soberanía. Wessex non volveu ter unha existencia oficial dende entón, pero permanece como un termo familiar. Acostuma ser asociado coas novelas e poesías de Thomas Hardy e hai xente que defende que sexa restaurado como unha rexión de Inglaterra.

Historía[editar | editar a fonte]

Fundación do Reino[editar | editar a fonte]

Segundo a Crónica Anglosaxoa, Wessex foi fundado por Cerdic e Cynric, aínda que os feitos relatados pola crónica son considerados dubidosos. Evidencias arqueolóxicas apuntan a que o reino se puido orixinar na rexión do alto Támesis e na área de Cotswolds e que o mito de creación do reino puido ser propaganda política creada con posterioridade para xustificar a invasión das provincias xutas do sur de Hampshire e a Illa de Wight.

Resto da historia[editar | editar a fonte]

O primeiro feito referente á historia de Wessex que pode ser considerado como histórico é o baptismo do rei Cynegils cara o ano 640.

Wessex expandiu as súas fronteiras e chocou cos seus veciños, especialmente co reino celta de Dumnonia (situado nos actuais condados de Devon e Cornualles, ó que acabou sometendo. Outro inimigo de Wessex foi o reino anglosaxón de Mercia. Cando o rei Egberto derrotou a Mercia en 825 e Northumbria admitiu a supremacía de Wessex en 829, Egberto proclamouse primeiro rei de Inglaterra.

Wessex creou un sistema integrado de pobos fortificados ou burgos (chamados burhs) que foron establecidos durante o reinado de Alfredo o Grande. Estas fortificacións impediron que os invasores daneses conquistaran no 870 o sur de Inglaterra. As fortificacións estaban distribuídas de tal forma que ningún habitante do reino estaba a máis dun día de a cabalo dun lugar seguro.

As principais poboacións de Wessex era antigos asentamentos de orixe romana como Dorchester ou Winchester, que Alfredo converteu na súa capital en 871 e novos burgos fundados como Wallingford.

Hai algunhas evidencias de que a monarquía de Wessex non era estritamente hereditaria.

Os sete reinos da Heptarquía anglosaxoa.
Anglia Oriental | Essex | Kent | Mercia | Northumbria | Sussex | Wessex

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]