Unión de Kalmar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unión de Kalmar

 

 

1397–1523
 

Bandeira Escudo
Lema: n/d
Himno: n/d
Territorios da Unión a comezos do século XVI
Capital Copenhague
Lingua Danés e alemán
Goberno Monarquía
Historia
 • Establecido 1397
 • Disolución 1523

Por Unión de Kalmar coñécese ao estado nórdico xurdido a raíz da fusión das tres monarquías nórdicas (Noruega, Suecia e Dinamarca) nunha mesma persoa, a raíña Margarida I de Dinamarca, raíña de Noruega e Dinamarca en 1387, e nomeada raíña de Suecia en 1397.

Os reinos escandinavos tentaron en diversas ocasións, ao longo do século XIV, chegar á unidade política mediante enlaces matrimoniais. A primeira Unión logrouse en 1319 entre noregueses e suecos. Máis tarde os tres reinos formarían parte da Unión coa unión entre Margarida de Dinamarca e Haakon de Noruega e Suecia.

Deste xeito, orixinouse un grande reino nórdico que englobaba non só os actuais reinos que o formaban, senón tamén os seus territorios dependentes, como Groenlandia, Islandia e as Illas Feroe (dependentes de Noruega), e Finlandia (pertencente a Suecia).

Porén, o reino nórdico non chegou a consolidarse, por mor do receo da aristocracia sueca cara a Dinamarca, que exercía de potencia dominante dentro da Unión. Tras varias revoltas dos suecos (en 1444-1446, en 1464 e a definitiva revolta de 1521), a Unión disolveuse en 1523, coa elección de Gustavo Vasa como rei de Suecia. Dinamarca e Noruega, pola súa parte, permaneceron unidas até 1814.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Unión de Kalmar