Día da Constitución de Noruega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
17 de maio de 1893, pintando por Christian Krohg.
Desfile dos scouts o 17 de maio de 2005
Desfile de nenos
Desfile pasando polo Palacio Real

O Día da Constitución de Noruega conmemórase cada ano o 17 de maio en memoria da sinatura polos membros da Riksforsamlingen da Constitución de Noruega en Eidsvoll o 17 de maio de 1814. É a festa Nacional de Noruega e celébrana tamén os noruegueses residentes no estranxeiro.

Historia[editar | editar a fonte]

O Storting celebrou institucionalmente por primeira vez o 17 de maio en 1836 pero se estima que a primeira conmemoración que se celebrou foi en 1815 en Trondheim por iniciativa de Matthias Conrad Peterson, espontáneamente tamén se celebrou en Cristianía para conmemorar o décimo aniversario en 1824, o que se viu como unha provocación para a familia real sueca e Suecia por canto o príncipe herdeiro Óscar estaba visitando a cidade e a celebración chegou a se prohibir formalmente. En 1828 prohibiuse expresamente celebrar o 17 de maio. En 1829 con motivo de aportar a Cristianía o barco DS Constitutionen moitos cidadáns achegáronse espontanemente ó porto para recibilo como xeito de conmemorar a constitución, o gobernador sueco da cidade lanzou á cabalería contra a poboación. Desde 1844 a celebración realízase sen trabas.

O primeiro desfile oficial dos nenos das escolas, unhas das tradicións deste día, foi en 1870 en Cristianía por iniciativa do escritor Bjørnstjerne Bjørnson, aínda que a idea fora da escola Peter Qvam que o ano anterior realizara un desfile con nenos. As nenas tiveron que agardar ata 1889. A partir do 17 de maio de 1906 a familia real norueguesa cumprimenta os raparigos cando pasan polo Palacio Real, costume que só se interrumpeu en 1910 pola morte de Eduardo VII, pai da raíña Maud e en 1940-1945. Os mozos de instituto (russ) teñen a súa propia celebración, levando puchas vermellas.

O carácter da Festa Nacional de Noruega é moi diferente a como se celebra noutros países, non hai paradas militares e son os nenos e mozos levando bandeiras nacionais os que desfilan polas cidades norueguesas, ata o punto que popular se coñece tamén o día como barnas dag, día do neno, ademais da Constitución desde 1905 festéxase tamén á familia real. Ademais do himno nacional, Ja, vi elsker dette landet as bandas tocan este día o Norge i rødt, hvitt og blått, o himno real Kongesangen e algunhas outras cancións patrióticas, antigamente tamén a canción Sønner av Norge, pero hoxe apenas soa. Despois dos desfiles nas escolas organizan xogos para os nenos e nenas, onde tamén participan os pais.