Jo Nesbø
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jo Nesbø, nado o 29 de marzo de 1960 en Oslo (Noruega), é un escritor e músico noruego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Criado en Molde, graduouse en económicas na Escola Noruega de Economía. Traballou coma xornalista por conta propia e coma corredor de bolsa antes de iniciar a súa carreira coma escritor. É principalmente coñecido pola súa serie de novelas criminais sobre o detective Harry Hole; así, tras o éxito da primeira novela da saga, decidiu consagrar o seu tempo á escritura e á súa outra paixón: a música. É vocalista e compositor da popular banda de rock noruega Di Derre. Entre as súas publicacións tamén se atopan libros para nenos.
Obra [editar]
Serie Harry Hole [editar]
- Flaggermusmannen (1997)
- Kakerlakkene (1998)
- Rødstrupe (2000)
- Sorgenfri (2002)
- Marekors (2003)
- Frelseren (2005)
- Snømannen (2007)
- Panserhjerte (2009)
Serie infantil Doktor Proktor [editar]
Gardando certa semellanza coa obra do escritor Roald Dahl, narra as aventuras dun inventor.
Outras publicacións [editar]
- Stemmer fra Balkan/Atten dager i mai, con Espen Søbye, documental (1999)
- Karusellmusikk, relatos curtos (2001)
- Det hvite hotellet (2007)
- Hodejegerne (2008)
Premios e nominacións [editar]
- Premio Riverton á Mellor Novela de Crime Noruega do Ano por Flaggermusmannen (1997)
- Premio Chave de Cristal á Mellor Novela de Crime Nórdica do Ano por Flaggermusmannen (1998)
- Premio Noruego de Superventas á Mellor Novela do Ano por Rødstrupe (2000)
- Doación Mads Wiel Nygaards por Sorgenfri (2002)
- Premio á Mellor Novela de Crime Noruega de Tódolos Tempos por Rødstrupe (2004), concedido polas asociacións de lectores de Noruega
- Mención de honra especial á Excelencia en Literatura de Crime Estranxeira outorgada pola Academia Finesa de Escritores de Crimes por Marekors (2007)
- Candidato á Daga Internacional "Duncan Lawrie" por Rødstrupe (2007)
- Premio Noruego de Superventas á Mellor Novela do Ano por Snømannen (2007)
- Candidato ao Premio Ark de Literatura Infantil á Mellor Novela Infantil do Ano por Doktor Proktors prompepulver (2007)
- Premio da Asociación de Lectores de Noruega á Mellor Novela do Ano por Snømannen (2008)
- Candidato ao Premio Noruego de Superventas por Hodejegerne e Doktor Proktors tidsbadekar (2008)