Parque Nacional Dovrefjell-Sunndalsfjella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O parque nacional de Dovrefjell-Sunndalsfjella atópase no oeste de Noruega.

Características[editar | editar a fonte]

O parque de Dovrefjell foi declarado no 1974 e protexía unha superficie de 25.600 hectáreas. Posteriormente no 2002 foi ampliado, e pasou a denominarse Dovrefjell-Sunndalsfjella. O terreo mostra características similares á tundra, mesturada con características propias da alta montaña. Salientar a elevación do Snohetta e a presenza dos ríos Kaldvella e Driva.

Vexetación e fauna[editar | editar a fonte]

Existen importantes endemismos botánicos coma o taraxacum dovrense ou o Papaver radicatum ssp. ovatilobum. O animal máis importante é o boi almiscreiro (ovibos moschatus), sendo Dovrefjell o único lugar en Europea onde atopar esta especie. Foi introducido no 1932, con individuos provenientes de Groenlandia. Hoxe en día a súa poboación está estabilizada e fóra de perigo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns de interese[editar | editar a fonte]