Douglas Adams

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Douglas Adams

Douglas Noël Adams, tamén coñecido como Bop Ad ou Bob pola súa firma ilexíbel ou polas súas iniciais DNA, nado en Cambridge o 11 de marzo de 1952 e falecido en Santa Barbara, California, o 11 de maio do 2001, foi escritor e guionista para radio. Traballou na Radio BBC, sendo o seu libro Guía do autostopista galáctico, un bestseller no Reino Unido en 1984. Faleceu inesperadamente dun ataque cardíaco .

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu traballo máis coñecido é a Guía do autostopista galáctico unha comedia para a radio, que sería transmitida por primeira vez en 1978 por BBC Radio 4 no Reino Unido que despois sería publicada como unha serie de cinco libros nunha versión editada e estendida.

Morreu dun infarto cardíaco nun ximnasio no 2001 e na súa memoria o 25 de maio é coñecido como o Día da Toalla en Londres.

Obras[editar | editar a fonte]

Doutor Who[editar | editar a fonte]

Antes de escribir a serie da Guía do autostopista galáctico, Adams traballou na BBC como guionista e escribiu tres libros para a serie Doutor Who:

  • The Pirate Planet
  • Shada
  • City Of Death

Guía do Autostopista Galáctico[editar | editar a fonte]

Dirk Gently[editar | editar a fonte]

Outras obras[editar | editar a fonte]

  • The Meaning of Liff (1983, con John Lloyd)
  • The Hitchhiker's Guide to the Galaxy: The Original Radio Scripts (1985, con Geoffrey Perkins)
  • The Utterly Utterly Merry Comic Relief Christmas Book (1986, editada por Douglas Adams e Peter Fincham), que inclúe
  • Young Zaphod Plays it Safe
  • "The Private Life of Genghis Khan"
  • "A Christmas Fairly Story" (sic) por Douglas Adams e Terry Jones
  • A "Supplement to The Meaning of Liff" con John Lloyd e Stephen Fry
  • The Deeper Meaning of Liff (1990, con John Lloyd; versión estendida de The Meaning of Liff)
  • Last Chance to See (1991, con Mark Carwardine
  • Douglas Adams's Starship Titanic (escrito por Terry Jones (quen afirma que escribiu todo o libro estando espido), baseado nunha idea de Douglas Adams
  • The Salmon of Doubt (2002)
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Douglas Adams