Fredrikstad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 59°12′19″N 10°57′0″W / 59.20528°N 10.95000°W / 59.20528; -10.95000

Fredrikstad
Fredrikstad komm.svg
Fredrikstad BridgeacrossGlomma01.JPG
Ponte da cidade sobre o río Glomma.
Situación xeográfica
Norway Counties Østfold Position.svgNO 0106 Fredrikstad.svg
País Flag of Norway.svg Noruega
Condado Østfold
Distrito Nedre Glomma
Xeografía
Altitude msnm
Superficie 285,9 km²
Poboación
Poboación 75.583 hab. (2012)
Densidade 249 hab./km²
Información
Código postal
Alcalde Jon Ivar Nygård (Arbeiderpartiet)
Páxina web [1]

Fredrikstad é un concello e unha cidade de Østfold, Noruega. Cunha poboación de 71.976 habitantes (censo de 2008), Fredrikstad é a meirande cidade de Østfold e a sexta cidade norueguesa máis poboada. Forma unha conurbación coa veciña cidade de Sarpsborg, coñecida como Fredrikstad/Sarpsborg, que aglutinaba 101.698 habitantes en 2009, co que é a quinta maior área metropolitana de Noruega.

Catedral de Fredrikstad.

O seu casco histórico é unha das cidades fortificadas mellor conservadas de Norte de Europa. A cidade, fundada en 1567 por Federico II, tivo nos seus inicios unha importancia defensiva para Noruega, e a comezos do século XX converteuse nun dos maiores centros industriais do país, sendo as súas principais actividades a madeira, a construción naval e a industria química.

Historia[editar | editar a fonte]

Fredrikstad foi fundada en 1567 polo rei Federico II como unha reconstrución da cidade de Sarpsborg que fora queimada polos suecos durante a Guerra Nórdica dos Sete Anos. A nova cidade localizábase a 15 quilómetros ó sur da orixinal, na desembocadura do río Glomma. A súa proximidade ó mar e ós terreos chans e abertos do seu redor facían máis efectiva a súa defensa. Nun principio foi chamada Sarpsborg, pero o seu nome mudouse polo de Fredrikstad en 1569.

Durante a Guerra de Torstensson (1644-1645) entre Suecia e o Reino de Dinamarca e Noruega, levantouse unha fortificación temporal na cidade. Na década de 1660 esa fortificación fíxose permanente, cando iniciou a construción da fortaleza de Fredrikstad por Willem Coucheron. Dese xeito, a cidade cobrou importancia estratéxica para defender Noruega polo sueste. Malia isto, a súa poboación mantívose escasa en número. En 1635, fundouse un suburbio na ribeira occidental do Glomma, Vestsiden, cuxa poboación medrou máis axiña que a parte vella e en pouco tempo converteuse no centro de gravidade demográfico. A maioría dos edificios da cidade vella foron destruídos por un incendio en 1764.

Durante a fase norueguesa da Gran Guerra do Norte, o almirante Peder Tordenskjold mantivo a súa flota en Fredrikstad para enfrontar ós suecos. Na Guerra Sueco-Noruega de 1814, a cidade foi atacada e a súa fortaleza capitulou o 4 de agosto dese mesmo ano.

En 1860 abolíronse os privilexios de serradoiro, unha medida instaurada no século XVII polo goberno absolutista que limitaba e controlaba estritamente a explotación de madeira. Coa abolición iniciouse un importante crecemento para Fredrikstad, que se especializou na industria da madeira, o que lle valeu o alcume de "a cidade das táboas". A comezos do século XX decaeu a exportación de madeira, e a economía da cidade diversificouse cara outras industrias, como a de ladrillos, de materiais pétreos e a construción naval, grazas ó seu gran estaleiro. Nun tempo relativamente curto, Fredrikstad transformouse dunha pequena cidade comercial a un dos maiores centros industriais de Noruega.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]