Skagerrak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización do Skagerrak

O Skagerrak (Skagerack, Skagerak) é un estreito entre o sur da Noruega, o Bohuslän sueco e o noroeste da Xutlandia dinamarquesa. Une o Kattegat e o mar do Norte dunha banda e o Mar Báltico, pasando por Öresund, da outra.

Cunha superficie de aproximadamente 32 000 km², forma un rectángulo de 240 km de lonxitude por 130–145 km de largura, delimitado

  • ao oeste pola liña Lindesnes (Noruega) — Hanstholn (Dinamarca) e
  • ao leste pola liña Pater-Nosterskären (Suecia) — Grenen (cabo setentrional da Dinamarca).

A súa profundidade máxima é de cerca de 700 metros preto das costas norueguesas, sendo que a súa profundidade media é de 210 metros (23 metros no Kattegat).

O seu nome deriva do nome da cidade de Skagen, a máis setentrional da Dinamarca.

O estreito ten un tránsito intenso, pois constitúe a única pasaxe (co canal de Kiel) ligando o mar do Norte ao mar Báltico.

En ambas as guerras mundiais, o Skagerrak foi estratexicamente moi importante para a Alemaña. Unha das maiores batallas marítimas da Primeira Guerra Mundial, a Batalla da Xutlandia, tamén coñecida como a Batalla do Skagerrak, aconteceu aquí do 31 de maio ao 1 de xuño de 1916. A importancia do control desa pasaxe, o único acceso ao Báltico, foron motivos para as invasións da Dinamarca e da Noruega pola Alemaña durante a Segunda Guerra Mundial.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Skagerrak