Troll (grupo musical)
| Troll | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Hamar, Hedmark, Noruega |
| Período | 1992 – 1996 2000 – 2001 2008 – presente |
| Xénero(s) | Black metal sinfónico (primeiro) Black metal industrial (despois) |
| Selo(s) discográfico(s) | Head Not Found |
| Membros | Nagash Tlaloc Vold Exilis Ygg |
| Antigos membros | Glaurung Sinister Minister Twice Amund Svensson Sensei Ursus Major Mr. Hellhammer |
| Web oficial | www.myspace.com/troll |
Troll é un grupo musical noruegués de black metal creado en 1992 por Stian Arnesen.
Índice |
Membros [editar]
| * | Nagash | Voz, guitarra |
| * | Tlaloc | Guitarra, coros |
| * | Vold | Baixo, coros |
| * | Exilis | Teclados |
| * | Ygg | Batería |
Membros anteriores [editar]
| * | Glaurung | Baixo | (1993) |
| * | Sinister Minister Twice | Voz, letras | (1993, 1998–2003) |
Colaboradores [editar]
| * | Amund Svensson | Sintetizador | (1998–2003) |
| * | Mr. Hellhammer | Batería | (1998–2003) |
| * | Sensei Ursus Major | Baixo | (1998–2003) |
Historia [editar]
Troll é un grupo de black metal que inicia a súa andaina en 1992 en Noruega, cando Stian Arnesen "Nagash" (de tan só 14 anos de idade) comeza a escribir música xunto con Glaurung e Fafnir. Cando estes últimos abandonan o proxecto, Nagash segue adiante con Troll como un proxecto en solitario, e publica Trollstorm over Nidingjuv en 1995 e Drep de Kristne un ano despois. Este último álbum (Matar aos cristianos, en galego) ten letras marcadamente anti-cristianas.
Tras a publicación de Drep de Kristne, Nagash pasa máis tempo traballando con outras bandas como Dimmu Borgir e a súa outra banda Covenant que inicia con Blackheart. Troll está inactiva até 2000. Nese tempo Fafnir, agora baixo o nome de Sinister Minister Twice, volve a Troll. Outros membros son engadidos, facendo de Troll un grupo e xa non un proxecto en solitario. Con Nagash concentrado na guitarra e o sintetizador, Troll publica The Last Predators en 2000 e Universal ao ano seguinte.
En 2007 Nagash reúne uns membros para Troll e comezan a gravar un novo álbum en xaneiro de 2009.
Discografía [editar]
Álbums de estudo [editar]
| * | Trollstorm over Nidingjuv | (1995) | EP |
| * | Drep de Kristne | (1996) | |
| * | The Last Predators | (2000) | |
| * | Universal | (2001) |