Inglés antigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Lingua anglosaxoa")

O inglés antigo (tamén chamado anglosaxón) é unha forma temperá da lingua inglesa que se falaba en boa parte do que hoxe é Inglaterra entre os anos 425 e 1125 aproximadamente. Era unha lingua flexiva con moita liberdade na orde das palabras, ao contrario do inglés actual. Gardaba unha grande semellanza con outras linguas xermánicas, especialmente co frisón antigo e o saxón antigo, porque aínda non recibira a influencia do francés que a partir do século XII provocaría o cambio do inglés antigo ao medio. Cos normandos no poder, o inglés antigo perdeu o prestixio que tivo anteriormente, o que provocou que se desmembrara en multitude de dialectos, dialectos coñecidos co nome de inglés medio.

O alfabeto do inglés antigo aínda utilizaba algúns símbolos rúnicos, aínda que a maior parte dos seus caracteres procedían do alfabeto latino. Quedan fragmentos da literatura en anglosaxón, que tiveron gran importancia na reconstrución deste idioma. A obra literaria máis importante en lingua anglosaxoa que chegou aos nosos días é o "Beowulf", poema épico que conta as aventuras dese heroe e que reúne el mesma preto do 10% de toda a literatura anglosaxoa coñecida. Un dos maiores especialistas do século XX neste idioma foi o afamado escritor J.R.R. Tolkien.

Exemplo[editar | editar a fonte]

O Pai Noso:

Fæder ure þu þe eart on heofonum,

Si þin nama gehalgod.
To becume þin rice,
gewurþe ðin willa, on eorðan swa swa on heofonum.
urne gedæghwamlican hlaf syle us todæg,
and forgyf us ure gyltas, swa swa we forgyfað urum gyltendum.

and ne gelæd þu us on costnunge, ac alys us of yfele. soþlice.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Inglés antigo.