Parque de Vigeland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 59°55′40″N 10°41′56″L / 59.927666666667, 10.698888888889

Parque de Vigeland.

O parque de Vigeland, un dos máis famosos de Noruega, é unha área no interior do Frognerparken, situado no oeste da cidade de Oslo, a capital do país.

Foi creado polo escultor noruegués Gustav Vigeland entre os anos 1907 e 1942 por encargo do concello de Oslo. É unha exposición permanente das esculturas de Vigeland de entre os anos 1926 e 1942. Ocupa unha extensión de preto de 32 hectáreas superficie do parque articúlase en cinco áreas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]