Roald Amundsen
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Roald Engelbregt Gravning Amundsen, nado en Borge o 16 de xullo de 1872 e finado en Mar de Barents posiblemente o 18 de xuño de 1928, foi un explorador polar noruegués que encabezou a expedición que chegou por vez primeira ao Polo Sur (1910-1912).
[editar] Traxectoria
Amundsen naceu nunha família de armadores e capitáns. Impresionado pola travesía de Fridtjof Nansen por Grenlandia en 1888 decidiu continuar os seus pasos, en 1897 uniuse á Exploración Antártica Belga dirixida por Adrien de Gerlache, o seu navío foi o primeiro en pasar o inverno na Antártida. En 1903 fixou a posición do polo magnético, fixo descubrimentos no Mar de Berig e Alasca (1918-1925). Voou a través do Polo Norte con Lincoln Ellsworth (1926). Cando pretendía rescatar ao explorador italiano Umberto Nobile que se perdera no Ártico, o avión no que ía tivo un accidente, o seu corpo nunca se atopou.