Olaf Haraldsson
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación medieval de Olaf II
Olaf Haraldsson tamén coñecido como Santo Olaf, nado no ano 995 e falecido en 1030, foi rei de Noruega dende 1015 ata 1028.
Traxectoria [editar]
De orixe viquinga, converteuse ao cristianismo na cidade de Rouen (Francia) e estivo ao servizo do rei exilado Ethelred II de Inglaterra.
Regresou a Noruega no ano 1015. Por ser descendente do rei Harold I de Noruega, foi recoñecido rapidamente como rei, rexeitando aos nobres que exercían o poder no reino. Introduciu unha administración central forte, completou a conversión, iniciada por Olaf I de Noruega, dos noruegueses e ergueu igrexas por todo o territorio. É o patrón de Noruega e un dos poucos santos de orixe norueguesa recoñecidos pola Igrexa Católica.
Casado cunha filla de Iaroslav I de Kiev, tivo un fillo:
- Magno I da Noruega, futuro rei da Noruega e Dinamarca.