Escudo de Noruega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo de Noruega

O escudo de Noruega é un dos máis antigos da Europa. Xurdiu como un brasón de armas persoal para a familia real.

Historia[editar | editar a fonte]

Escudo de Armas Real

Håkon, o Vello (1217-1263) usaba un escudo coa figura dun león. A referencia máis antiga preservada sobre o colorado dos brasóns é a Saga do Rei, escrita en 1220. En 1280, o rei Eirik Magnusson engadiu a coroa e o machado prata ao león. O machado representa a arma usada para matar o mártir Santo Olav na batalla de Stiklestad, en 1030.

O deseño dos brasóns noruegueses foi modificado ao longo dos anos, seguindo as modas nas tendencias heráldicas. Na Baixa Idade Media, o cabo do machado ficou gradualmente máis longo, chegando a parecer cunha alabarda. O cabo era xeralmente curvado para que puidese se encaixar no formato do escudo favorito na época, e tamén para emparellar co formato das moedas. A alabarda foi oficialmente descartada e o machado menor reintroducido por decreto real, en 1844, cando un deseño autorizado foi instituído por primeira vez. En 1905, o deseño oficial para os escudos da realeza e do goberno foi modificado novamente, desta vez para o estilo medieval, cun escudo triangular e un león máis vertical. O pintor Eilif Peterssen foi o responsábel polo deseño. O deseño actual foi introducido en 1937, mais lixeiramente modificado coa aprobación real en 20 de maio de 1992.

O escudo de armas esta sempre disposto so a coroa real. Durante a Segunda Guerra Mundial, o réxime [[Vidkun Quisling continuou a usar o escudo de armas do león, frecuentemente coa coroa removida. En 1943, o deseño do león foi modificado e a coroa real foi recolocada cun tipo libre de coroa medieval. O goberno lexítimo noruegués continuou usando o brasón coa coroa real durante o exilio.

Descrición[editar | editar a fonte]

Está composto por un único campo de goles (vermello) cun león rampante de ouro, linguado, uñado, armado e coroado que porta unha machada coa folla de prata e mango de ouro. O escudo está rematado cunha coroa real. Considérase que a súa orixe está vinculado co rei Erik Magnusson e que se remonta ao ano 1280.

O actual deseño data de 1992, ten un carácter esquemático. Elimináronse os tenantes (figuras que rodean con frecuencia aos escudos de armas) que eran dous leóns. O Rei de Noruega utiliza como armas persoais unha versión que incorpora o colar da Real Orde Noruega de San Olaf e un manto de armiño, aínda que tamén se eliminaron as figuras dos tenantes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]