Lofoten

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paisaxe escarpada típica das Lofoten.

As Lofoten son un arquipélago formado por unhas 80 illas situadas preto da costa noroeste de Noruega, da que as separa o estreito de Vestfjord. O arquipélago componse de illas rochosas separadas entre elas por estreitos en xeral de pouca amplitude. A altura máxima sobre o nivel do mar e de 1.161 metros. A súa superficie total é de 1,227 km², e a poboación de 24.500 persoas, ocupadas principalmente nos sectores pesqueiro e gandeiro.

Situación das illas Lofoten

Xeografía[editar | editar a fonte]

As illas Lofoten espállanse entre os 67 e 68 graos norte. Entre a illa de Fiskebøl, ao norte, e a de Å, ao sur, hai 168 km de distancia. As illas principais son, de norte a sur::

Illadas e situadas ó sur desta última atópanse as illas de Værøy e Røst, de menor tamaño. As illas setentrionais teñen extensións de herba relativamente importantes, pero as paisaxes vanse facendo máis escarpadas canto máis ó sur, adoptando as illas meridionais o aspecto de montañas dentro do mar, con só unha reducida área costeira habitable..

Mapa das Lofoten e Vesterålen

Clima[editar | editar a fonte]

Malia a súa situación preto do Ártico o arquipélago ten un microclima suave durante o verán, causado polas moitas horas de sol e, sobre todo, pola corrente do Golfo. As Lofoten están situadas nun dos puntos máis exotérmicos desta corrente submarina transatlántica e están ademais bordeadas por 3 das súas conco gallas principais. Entre xuño e agosto as temperaturas máximas poden pasar dos 25°, con medias de 20°. Nesa época do ano a temperatura do mar non adoita baixar dos 20°. A falta de sol contrarresta o resto do ano os efectos da corrente mariña cálida, polo que as illas teñen temperaturas semellantes ás das zonas polares,. Con puntas de - 35° en febreiro.

Vista panorámica do fiorde Bas.

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros vestixios de presenza humana remóntanse a hai 6000 anos cando as illas estaban ocupadas por poboacións que vivían da caza de mamíferos terrestres e focas e a pesca de peixes e baleas. Hai uns 4 000 anos, comezaron os cultivos de cereais. A illa de Vestvågøy tivo importancia na civilización viquinga. A partir do século XII as illas adquiriron importancia grazas ó comercio do bacallau seco, que era exportado a toda Europa. Nesa época as illas dependían da cidade norueguesa de Berguen. Membro da Liga Hanseática. A pesca recibiu un novo pulo a partir de 1860, por causa dos inmensos bancos de arenques que viñan pasa-lo inverno nas augas cálidas da corrente do Golfo. As capturas das Lofoten chegarán a representar o 80% do total das exportacións de Noruega.

Economía[editar | editar a fonte]

A pesca do bacallau é aínda a principal actividade das illas. Cada inverno, pesqueiros de todo o norte de Noruega concéntrase nelas, o que fixo necesario o regulamento estrito das capturas. A agricultura e a gandería son minoritarias pero producen excedentes dabondo para permitir a exportación de carne e produtos lácteos. O turismo é, sobre todo durante o verán, unha fonte de ingresos considerable.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]