Tratado de Kiel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Tratado de Kiel significou a morte da Unión de Kalmar, xa que tras as Guerras Napoleónicas, Dinamarca -aliada de Francia- foi obrigada a asinar o 14 de xaneiro de 1814 este acordo polo que cedía Noruega a Suecia. En virtude deste tratado, o reino danés, perdedor nas Guerras Napoleónicas, cedía Noruega ao reino de Suecia a cambio dos territorio suecos d'[[a Pomerania]. Os noruegueses rexeitaron o tratado, declaráronse independentes, fixeron unha constitución baseada na española de 1812- nomeada tamén a Pepa- e escolleron ao herdeiro danés coma rei, ao príncipe Christian VIII de Dinamarca. As potencias europeas non aprobaron a decisión norueguesa e obrigárona a aceptar o tratado rubricado na cidade alemá de Kiel, na Convención de Moss. Nomeado rei a Carlos XIV, a cambio deixáronlles manter a súa constitución liberal. Pode considerarse a acta de Unión de 1815 o nacemento do novo estado noruegués.

O tratado de Kiel non incluía as antigas posesións norueguesas de Grenlandia, Islandia e as Illas Feroe, que permaneceron baixo control danés.

Índice

[editar] Os Reinos Unidos de Suecia e Noruega

Ao oír as novas sobre o tratado, o príncipe do reino Danés-Noruegués Christian Frederik, vicerrei de Noruega, fundou un movemento independentista noruegués, aínda que se cre que a intención deste era a reunificación de Noruega con Dinamarca. O movemento tivo éxito, en parte debido ao apoio clandestino da coroa danesa, aínda que que tamén polo forte desexo de independencia da poboación norueguesa. O 10 de abril, reuníase unha asemblea nacional en Eidsvoll, co fin de decidir unha constitución para o país. Noruega declarouse independente o 17 de maio de 1814, elixindo a Christian Frederik coma rei. Trala posterior guerra con Suecia, Christian sería derrocado e substituído por Carlos XIII de Suecia, creándose a unión persoal entre Suecia e Noruega.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas