Jostein Gaarder

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jostein Gaarder

Jostein Gaarder, nado o 8 de agosto de 1952 en Oslo, é un escritor noruego autor de obras pertencentes á literatura infantil e xuvenil[1]. Acadou un grande éxito internacional coa obra Sofies verden (O mundo de Sofía), que vendeu 30 millóns de exemplares e foi traducido a cincuenta e tres idiomas [2] .

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun director de escola e dunha mestra (asemade escritora de literatura infantil), cursou na Universidade de Oslo os estudos de Filoloxía Escandinava e Historia das Ideas e da Relixión. Ao comezo dos anos 80 trasladouse a Bergen, onde foi profesor de Filosofía nun instituto ata os anos 90, momento no que abandonou a súa actividade docente [1].

Publicou a súa primeira obra, un libro de relatos, en 1986, pero non foi ata 1991 cando publicou Sofies verden. A obra, que xurdira coma unha tentativa de resumir a historia da filosofía e que era considerada polo autor coma un libro para lectores especializados, converteuse nun best-seller e chegou a ser a novela máis vendida do mundo en 1995 [2]. En 1997, en honor ao éxito da novela, creou o Sophie Prize (Premio Sofía) destinado a axudar económicamente calquera tipo de iniciativa relacionada coa preservación do medio ambiente [3].

No tocante ao seu estilo, Jostein Gaarder constrúe as súas obras tentando cuestionar o mundo que o rodea. De cotío utiliza a metaficción, desenvolvendo historias dentro doutras historias [4].

Obra[editar | editar a fonte]

  • Diagnosen og andre noveller (O diagnóstico e outras historias), 1986
  • Barna fra Sukhavati (Os nenos de Sukhavati), 1987
  • Froskeslottet (O castelo das ras), 1988
  • Kabalmysteriet (O misterio do solitario), 1990
  • Sofies verden. Roman om filosofiens historie (O mundo de Sofía. Unha novela sobre a historia da filosofía), 1991
  • Julemysteriet (O misterio de Nadal), 1992
  • Bibbi Bokkens magiske bibliotek (A biblioteca máxica de Bibbi Bokkens), 1993
  • I et speil, i en gåte (O enigma no espello), 1993
  • Hallo? Er det noen her? (Ola? Hai alguén ahí?), 1996
  • Vita brevis (Vida breve), 1996
  • Maya (Maya), 1996
  • Sirkusdirektørens datter (A filla do director de circo), 2001
  • Appelsinpiken (A rapaza das laranxas), 2003
  • Sjakk Matt (Xaque mate), 2006
  • De gule dvergene (Os ananos amarelos), 2006
  • Slottet i Pyreneene (O castelo nos Pireneos), 2008

Premios [5][editar | editar a fonte]

  • "Deutscher Jugendliteraturpreis" (1994), pola obra Sofies verden
  • "Premio La Vanguardia" (1995), pola obra Sofies verden
  • "Buxtehude Bulle" (1996), pola obra I et speil, i en gåte
  • "Premio Arzobispo Juan de San Clemente" (1996), pola obra Sofies verden
  • "Willy Brandt Prize" (2004)
  • "The Royal Norwegian Order of St. Olav" (2005)
  • "Honorary degree at Trinity College" (2005)

Notas[editar | editar a fonte]