14 de xaneiro
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Dec - Xaneiro - Feb | ||||||
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
| 29 | 30 | 31 | ||||
| Os 366 días do ano | ||||||
O 14 de xaneiro é o 14º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 351 días para finalizar o ano, 352 nos anos bisestos.
13 de xaneiro < 14 de xaneiro < 15 de xaneiro
Índice |
[editar] Acontecementos
- 1503: Créase a Casa de Contratación en Sevilla, destinada o depósito de mercadorías importadas e exportadas de América.
- 1506: Descóbrese a famosa escultura da Grecia clásica Laoconte e seus fillos.
- 1514: Real cédula autorizando o casamento de españois con indias.
- 1526: Tratado de Madrid, entre Francisco I de Francia e Carlos I de España, trala batalla de Pavía.
- 1696: Os xuices dos xuízos as bruxas de Salem realizan unha confesión oficial dos erros cometidos durante os mesmos.
- 1739: Convenio de El Pardo, acordo entre España e Inglaterra, para establecer as bases do comercio nas colonias americanas.
- 1807: Tropas inglesas do navío Diadema, fondeado en Montevideo, impoñen a rendición da praza o xeneral Rafael Marqués de Sobremonte.
- 1809: Tratado de alianza entre Inglaterra e España para loitaren conxuntamente contra Napoleón, cuxos Exércitos invadiran España.
- 1812: As Cortes de Cádiz decretan a supresión da forca.
- 1814: Tratado de Kiel: Dinamarca cede Noruega a Suecia e esta renuncia a rexión de Pomerania no favor de Dinamarca.
- 1851: Juan Bravo Murillo é encargado pola Raíña Isabel II de formar un novo Goberno en España.
- 1852: Promulgación en Francia dunha nova Constitución que dá o poder a Carlos Luís Bonaparte.
- 1858: Atentado contra Napoleón III, en París, cando se dirixía a ópera xunto coa emperatriz Eugenia. Resultaron ilesos.
- 1866: O Goberno de Perú formula unha declaración de guerra, o considerarse agraviado polo de España.
- 1875: Afonso XII chega a Madrid para ocupar o Trono de España.
- 1876: Graham Bell patenta o teléfono.
- 1987
- O Senado norteamericano disolve a seita dos mormóns.
- Primeira ascensión ao monte Aconcagua (Arxentina).
- 1900: Estrease Tosca de Puccini no teatro Costanzi, de Roma.
- 1913: Os Estados balcáns reanudan as hostilidades contra o Imperio Otomán.
- 1914: A erupción do volcán Strato na illa Sakura (Xapón) provoca a morte de 7.000 persoas e destrúe 13.000 casas.
- 1933: Chegan a Manaos, no Amazonas, as tropas colombianas que se enfrontarían as peruanas que se apoderaran da cidade colombiana de Leticia.
- 1935: Aparece en Madrid o primeiro número do xornal Ya.
- 1937: Guerra civil española: comenza a ofensiva das tropas nacionais contra Málaga.
- 1940: II Guerra mundial: tropas finlandesas penetran na URSS pola fronte de Kuhmo.
- 1942: Conclúe en Washington a conferencia Arcadia, que decide o desembarco dos aliados en África del Norte.
- 1943: Conferencia de Casablanca entre Roosevelt, Churchill e os xenerais franceses Giraud e De Gaulle.
- 1945: Turquía abre os estreitos a os aliados.
- 1953: Importantes descubrimentos arqueolóxicos das culturas incaica e preincaica cerca de Cuzco (Perú).
- 1958: É derrocado en Venezuela o presidente Marcos Pérez Jiménez.
- 1962: Protesta en Vietnam del Sur pola axuda concedida por China Popular a Vietnam do Norte.
- 1968: Lanzamento da nave Soyuz 4.
- 1971: Estados Unidos concede apoio loxístico as forzas de Vietnam do Sur que combaten en Camboia.
- 1986: O democristián Vinicio Cerezo toma posesión do seu cargo coma Presidente de Guatemala.
- 1987: O Goberno español anuncia unha nova reconversión industrial, que suporá a perda de 30.000 empregos.
- 1989; Os países da OTAN e do Pacto de Varsovia acordan en Viena iniciar negociacións sobre o desarme convencional en Europa.
- 1990: Emítese o primeiro episodio piloto de The Simpsons.
- 1992
- O Parlamento de Mongolia aproba unha nova Constitución, que establece a democracia parlamentaria e o sufraxio universal.
- Acórdase a "Acta de Nova York II", tratado de paz entre o FMLN e o goberno de O Salvador.
- 1994
- Presentadas as primeiras imaxes trala misión espacial do telescopio espacial Hubble.
- Os presidentes de Rusia, Boris Ieltsin e de Estados Unidos, Bill Clinton, asinan en Moscova co presidente de Ucraína, Leonid Kravchuk, un acordo tripartito para eliminar tódolos mísiles nucleares estratéxicos ex-soviéticos.
- 1996: O socialista Jorge Sampaio é elixido presidente de Portugal.
- 1997: José María Gil-Robles y Gil-Delgado é elixido presidente do Parlamento Europeo.
[editar] Nacementos
- 1615 - John Biddle, reformista relixioso inglés.
- 1775 - Paul Johann Anselm von Feuerbach, xurista e filósofo alemán.
- 1807 - Hilario Ascasubi, poeta arxentino.
- 1836 - Henri Fantin-Latour, pintor francés.
- 1841 - Berthe Morisot, pintora francesa.
- 1875 - Albert Schweitzer, teólogo, filósofo, musicólogo e médico misioneiro alemán, Premio Nobel da Paz no 1952.
- 1888 - Manuel Lustres Rivas, xornalista e escritor galego.
- 1892 - Hal Roach, produtor, cineasta e guionista estadounidense.
- 1896 - John Dos Passos, novelista estadounidense.
- 1901 - Virginia Daniels, actriz estadounidense.
- 1909 - Joseph Losey, cineasta estadounidense.
- 1919 - Giulio Andreotti, político italiano.
- 1920 - Chava Flores, actor e compositor mexicano.
- 1921 - Manuel Martín-Vázquez Bazán, toureiro español.
- 1924:
- Fernando Alvarez de Miranda y Torres, político español.
- Guy Williams, actor estadounidense.
- 1925 - Yukio Mishima, escritor xaponés.
- 1928 - Carlos Luis Alvarez, Cándido, xornalista español
- 1932 - Harriet Andersson, actriz sueca.
- 1933 - José María Iglesias, pintor español.
- 1937 - Billy Jo Spears, músico.
- 1941 - Faye Dunaway, actriz estadounidense.
- 1942:
- Juan Diego, actor español.
- José Luis Rodríguez, El Puma, cantante.
- 1943 - Miguel Ángel Ladero Quesada, historiador español.
- 1944 - James Suturius, actor.
- 1947 - Jane Birkin, actriz británica.
- 1949 - José Bono Martínez, político español.
- 1951 - Jan Timman, xadrecista.
- 1962 - Ginger Lynn Allen, actriz estadounidense.
- 1963 - Steven Soderbergh, director de cine estadounidense.
- 1964 - Emilio Gavira, actor.
- 1965 - Antonio Cantó García del Moral (Toni Cantó), actor español.
- 1967:
- Zakk Wylde, rockeiro, que traballou con Ozzy Osbourne e Black Label Society.
- Emily Watson, actriz británica.
- 1969 - Dave Grohl, músico estadounidense.
[editar] Mortes
- 1742: Edmond Halley, matemático e astrónomo británico.
- 1753: George Berkeley, filósofo irlandés.
- 1867: Jean Auguste Dominique Ingres, pintor francés.
- 1898: Lewis Carroll, escritor e matemático inglés.
- 1901
- Víctor Balaguer, escritor e político español.
- Charles Hermite, matemático francés.
- 1949: Joaquín Turina, compositor español.
- 1957: Humphrey Bogart, actor estadounidense.
- 1958: José Miaja Menant, militar español.
- 1977: Sir Anthony Eden, político británico.
- 1978: Hubert Humphrey, ex vicepresidente dos Estados Unidos.
- 1984: José Fernando Dicenta, actor e escritor español.
- 1991: Luis Escobar, actor, produtor e director español.
- 1992: Jerrry Nolan, músico.
- 1994: Federica Montseny, dirixente anarquista catalá.
- 1999: Prince Lincoln Thompson, músico.
- 2001: Julio Robles, toreiro.
[editar] Outros
[editar] Fases da lúa
- 2006 - Lúa chea
[editar] Santoral
- Santa Ida, San Dacio e Santa Verónica de Binasco
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro