Premio Ramón Piñeiro de Ensaio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

O Premio de Ensaio Ramón Piñeiro é un premio literario vixente desde o ano 2000, en memoria do escritor, filósofo e galeguista Ramón Piñeiro. Premia o mellor ensaio de entre todas as obras presentadas neste xénero en lingua galega para impulsar o estilo e a precisión desta lingua.

Historia[editar | editar a fonte]

Este galardón nace da unión de dous premios creados con anterioridade e ambos adicados a este autor, un por parte da Editorial Galaxia e o outro a través do Centro Ramón Piñeiro (organismo dependente da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria). Debido a unha decisión común, ambas institucións xuntaron os premios para achegar a este un maior recoñecemento cara á sociedade. Para aumentar a contía económica do galardón, contan coa colaboración da empresa Gas Natural Fenosa, ascendendo así a contía a 3000 euros.

Este premio reflexa o percorrido da obra de Ramón Piñeiro, facendo honra ao seu espírito libre e democrático tratando de incrementar a creación en lingua galega, así como facendo reflexionar sobre os problemas do momento.

Características do premio[editar | editar a fonte]

  • Poderán participar todas as persoas que o desexen.
  • Os orixinais deben ser inéditos e escritos en lingua galega.
  • A extensión dos orixinais abranguerá entre 200.000 e 300.000 caractes.
  • O tema dos ensaios é libre.
  • Editorial Galaxia publicará e comercializará o libro na súa colección ‘Ensaio’.
  • Os membros do xurado, en número de cinco, serán nomeados de común acordo entre as entidades convocantes.

Lista de premiados e obras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]