Real Academia da Historia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Real Academia de la Historia»)
Real Academia da Historia
Sede, entre as rúas León, Huertas, Amor de Dios e Santa María de Madrid.
Tipoacademia, editorial e arquivo
Data de fundación18 de abril de 1738
Fundador(es)Filipe V de España
SedeNuevo Rezado, Palacio do Marqués de Molins e Pasadizo de la Encarnación
PaísEspaña
40°24′49″N 3°41′56″O / 40.4135, -3.6989166666667
Na rede
https://www.rah.es/
Dialnet: 4203428
editar datos en Wikidata ]

A Real Academia da Historia é unha institución encargada do estudo da Historia de España e ten a súa sede na vila de Madrid.

Historia[editar | editar a fonte]

Real Cédula de 1738, pola que se aprobaron os primeiros estatutos da Academia.

As orixes da Real Academia da Historia están nos faladoiros nos que participaban varios eruditos, dende 1735, na casa de Julián Hermosilla, avogado dos Reales Consejos, para tratar asuntos de Historia.

Posteriormente, trasladaron os faladoiros aos salóns da acabada de crear Real Biblioteca e solicitaron a protección do rei Filipe V, que lla outorgou creando oficialmente a Real Academia de la Historia mediante Real Decreto o 18 de abril de 1738, e aprobando os seus estatutos mediante Real Célula o 17 de xuño do mesmo ano, onde se establecía que a finalidade da Academia era a de aclarar «a importante verdade dos sucesos, desterrando as fábulas introducidas pola ignorancia ou pola malicia, conducindo ao coñecemento de moitas cousas que escureceu a antigüidade ou ten sepultado o descoido».

En 1785, Carlos III ordena o seu traslado á Casa de la Panadería, na Plaza Mayor de Madrid, onde xa estaba situada a biblioteca da Real Academia da Historia desde 1775.

En 1836, o goberno de Mendizábal, concedeulle á Academia gran número de códices, documentos e libros, ademais do caseirón chamado Nuevo Rezado na madrileña rúa do León, número 21, que pertencera aos monxes xerónimos do Escorial ata a desamortización dos bens das ordes relixiosas, onde se trasladou oficialmente por Real Orde de 23 de xullo de 1837, aínda que na práctica non se trasladaría a el ata 1874.

Desde o 1 de xaneiro de 1938, data da súa creación, forma parte do Instituto de España.

Sede[editar | editar a fonte]

A actual sede foi deseñada polo arquitecto Juan de Villanueva, e o edificio tiña como finalidade albergar os libros de rezos (de aí o nome do caseirón de Novo Rezado) dos monxes xerónimos do mosteiro do Escorial, por iso hai unha grella, símbolo do martirio de San Lourenzo, na fachada do edificio. As obras de construción comezaron en 1788, con austeridade na ornamentación, mais con grandes proporcións e valiosos materiais. As crónicas da época contan a admiración das xentes, cando viron entrar por Madrid as carretas que conducían as xambas e o lintel da porta tirados por vinte e oito pares de bois.

En 1836, o edificio foi desamortizado polo goberno de Mendizábal e adxudicado á Academia.

Entre 1871 e 1874, leváronse a cabo obras de reforma, a cargo do arquitecto Eduardo Saavedra, e foi declarado Monumento Nacional en 1945.

Ao caseirón do Nuevo Rezado anexionáronse en 1974 o palacio do Marqués de Molins e unha pequena casa da rúa das Huertas, completando así todo o quinteiro entre as rúas León, Huertas, Amor de Dios e Santa María.

Críticas[editar | editar a fonte]

A Academia foi criticada polos seus métodos de cooptación restrinxida, o escaso número de mulleres, a hexemonía centralista (apenas hai académicos da periferia), o predominio de especialistas en tempos gloriosos de reis e conquistadores e algunhas funcións anacrónicas, como a de censor.[1][2][3]

No seu libro de 2006 Una historia de las lenguas y los nacionalismos, o historiador Xabier Zabaltza escribe: «[...] moitos traballos que se presentan como "científicos" son simples racionalizacións que mal disimulan unha interpretación mítica e teolóxica da historia, comezando polas propias publicacións da Real Academia da Historia, que pretende demolir os construtos intelectuais dos nacionalismos periféricos, mais considera bos os tópicos mais toscos do nacionalismo español». Zabaltza refírese especificamente a tres publicacións da Real Academia da Historia: Reflexiones sobre el ser de España; De Hispania a España; e España como nación.[4]

En 2011, a academia publicou o Diccionario Biográfico Español que provocou críticas e denuncias polo contido e conclusións discutibles dalgunhas biografías. Na de Francisco Franco, do historiador Luis Suárez Fernández (presidente da Hermandad del Valle de los Caídos), non se describe o franquismo como ditatorial, dise que Franco foi: "autoritario, pero no totalitario"[5]. Apesares das críticas a biografía non foi modificada e publicouse. A biografía do expresidente do Goberno español Felipe González foi elaborada por Juan Luis Cebrián, presidente do grupo PRISA.

Membros[editar | editar a fonte]

A Academia está composta por trinta e seis membros de número, así como de académicos correspondentes asignados a tódalas provincias de España e ao resto do mundo. Son membros numerarios (por orde do número de medalla):[6]

  1. Vicente Pérez Moreda
  2. Hugo O'Donnell y Duque de Estrada
  3. Francisco Rodríguez Adrados
  4. Luis Suárez Fernández
  5. Feliciano Barrios Pintado
  6. José Ángel Sánchez Asiaín
  7. Josefina Gómez Mendoza
  8. José Remesal Rodríguez
  9. María del Pilar León-Castro Alonso
  10. Luis Miguel Enciso Recio
  11. Martín Almagro Gorbea
  12. Carlos Seco Serrano (decano)
  13. José María Blázquez Martínez
  14. Francisco Javier Puerto Sarmiento
  15. vacante
  16. Antonio Cañizares Llovera
  17. José Alcalá-Zamora y Queipo de Llano
  18. José Antonio Escudero López
  19. Luis Ribot García
  20. Fernando Díaz Esteban
  21. José Ángel Sesma Muñoz.[7]
  22. Enriqueta Vila Vilar
  23. Carmen Iglesias Cano (directora dende o ano 2014)
  24. Fernando Marías Franco [8]
  25. Miguel Ángel Ladero Quesada
  26. Serafín Fanjul García
  27. Miguel Ángel Ochoa Brun
  28. Luis Alberto de Cuenca y Prado
  29. José Luis Díez García
  30. Carmen Sanz Ayán
  31. Faustino Menéndez Pidal de Navascués
  32. Carlos Martínez Shaw
  33. vacante
  34. Miguel Artola Gallego
  35. Xavier Gil Pujol
  36. Luis Agustín García Moreno

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikisource
Wikisource
Wikisource posúe escritos orixinais da Real Academia de la Historia (en castelán)

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]