Estación de Vigo-Guixar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Estación de Vigo - Guixar")

Coordenadas: 42°14′22″N 08°42′43″O / 42.23944, -8.71194

Vigo-Guixar
Vigo - Guixar Adif.jpg
Estación de trens de Vigo-Guixar
Situación Vigo
Servizos aseoscafeteríacarros portaequipaxesaparcamento
alugueiro de cochesservizos adaptadosaseos para persoas con discapacidadeaparcamentos para persoas con discapacidades
Vigo 01-04f.JPG

A Estación de Vigo-Guixar é unha estación de ferrocarril de Adif da cidade de Vigo.

Descrición[editar | editar a fonte]

Situada na rúa Areal do barrio de Teis, tradicionalmente destinouse ó tráfico de mercadorías da zona portuaria da cidade.

Foi reconstruída para acoller tráfico de pasaxeiros por mor do desmantelamento da Estación de Vigo-Urzáiz. Nesta última edificouse unha nova estación que acolle, entre outros, o servizo de Alta Velocidade Española.

Trens[editar | editar a fonte]

Ten servizos de longa distancia, media distancia un servizo internacional (Celta, con destino à estación portuguesa de Porto-Campanhã), existindo ademais unha maior frecuencia de trens rexionais con Pontevedra. Os servizos de longa distancia víronse mellorados ao longo do ano 2008 debido á apertura das novas Liña de alta velocidade, pasando o Talgo con destino Madrid a circular pola L.A.V. Madrid-Valladolid desde Medina del Campo e creándose un Alvia en substitución do antigo Talgo Finisterre e un Trenhotel de última xeración que substitúe ao antigo Estrella Galicia na relación que une Vigo con Barcelona, pasando ambos a circular pola L.A.V. Madrid-Barcelona desde Zaragoza. Ademais, o antigo Diurno que a unía co País Vasco e Francia foi substituído por un tren Arco tamén ao longo do ano 2008.

Os principais destinos servidos desde esta estación son:

Media Distancia / Rexionais[editar | editar a fonte]

Liña Percorrido Continua ata
G1.JPG A CORUÑA-SAN CRISTOVO · Uxes · Meirama · A Vila da Igrexa · Cerceda · Ordes-Pontraga · SANTIAGO DE COMPOSTELA · Osebe · A Escravitude · Padrón · Pontecesures · Catoira · Vilagarcía de Arousa · Portela · Pontevedra-Universidade · PONTEVEDRA · Arcade · Cesantes · Redondela-Picota · Redondela · Chapela · VIGO -
G3.JPG VIGO - Chapela - Redondela - Louredo - Valos - O Porriño - Guillarei - Caldelas - Salvaterra - As Neves - Sela - Arbo - Pousa Crecente - Frieira - Filgueira - Ribadavia - Barbantes - OURENSE-EMPALME - Os Peares - San Pedro do Sil - Santo Estevo do Sil - Areas - Canaval - MONFORTE DE LEMOS -
VIGO · Chapela · Redondela · Louredo-Valos · O Porriño · Guillarei · TUI Porto
Automotoras da CP (Celta) e da RENFE (rexionais) estacionadas na estación de Vigo-Guixar

Longa Distancia / Grandes Liñas[editar | editar a fonte]

Tren Destino(s) Observacións
Intercity Bilbao-Abando / Irún / Hendaia > -
Alvia Barcelona-Sants > -
Alvia Madrid-Chamartín / Alacant-Terminal > Vigo-Alacant circula S
Alacant-Vigo circula D
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants > -
Trenhotel Rías Galegas < Pontevedra
Madrid-Chamartín >
-


Tempos de viaxe[editar | editar a fonte]

Destino Duración da viaxe Tipo de tren Velocidade máxima
Alacant-Terminal Renfe Serie 730 250B
A Coruña-San Cristovo 2:12 Renfe Serie 599 160D
Barcelona-Sants 13:20 Alvia S-130 250B
14:22 Trenhotel S-VII 220B
Bilbao-Abando 10:50 Intercity 160A
León 6:30 Rexional S-440R 140N
Madrid-Chamartín 7:31 Renfe Serie 730 250B
9:45 Trenhotel S-IV 160B
Porto-Campanhã 2:16 CP Serie 592/592.2 140


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Vigo-Guixar Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]