Saltar ao contido

Estación de Pontedeume

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pontedeume
Estación de Pontedeume
SituaciónPontedeume
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Trenhotel
Na rede
Saídas e chegadas en Adif.es

Pontedeume é unha estación de tren de Adif situada na vila de Pontedeume, na provincia da Coruña. Ten servizos de Longa e Media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria

[editar | editar a fonte]

A estación atópase no punto quilométrico 23,3 da liña férrea de ancho ibérico que une Betanzos con Ferrol a 29 metros de altitude,[1] entre os apeadoiros de Perbes e Cabanas-Areal. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

A estación foi inaugurada o 5 de maio de 1913 coa apertura da liña Betanzos-Ferrol, tras un longo período de proxectos e obras, tras quedar deserto o concurso para a súa construción e explotación.[2] Encargouse a Norte que efectuase o mantemento necesario para a posta en servizo desta liña. Encargouse finalmente da explotación MZOV, e a partir de 1928, a Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.[3] En 1941, a estación pasou a depender da recentemente creada Renfe, quen xestionou a mesma ata a separación da compañía en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.

A estación

[editar | editar a fonte]

O edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos, actualmente sen servizos ferroviarios como despachos de billetes ou aseos. Atópase no noroeste da vila, preto da desembocadura do Eume na ría de Betanzos, e un pouco afastada do centro urbano de Pontedeume. Recentemente recrecéronse as plataformas da estación, ademais de instalarse farois nelas para unha mellor visibilidade.

Conta con dúas plataformas laterais ás que acceden dúas vías. Existe outra vía morta que se usa de forma esporádica para o apartado de material de mantemento da liña.

Servizos ferroviarios

[editar | editar a fonte]

Longa distancia

[editar | editar a fonte]

Actualizado a 20 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Teixeiro · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 2 trens diarios por sentido
Trenhotel Atlántico Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Venta de Baños · Palencia · Sahagún · León · Veguellina · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 6 trens semanais por sentido

Media distancia

[editar | editar a fonte]

Actualizado a 20 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
5 MD A Coruña <> Ferrol
  1. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. Obras da liña Betanzos - Ferrol Arquivado 09/03/2016, en Wayback Machine. La Voz de Galicia
  3. Betanzos a Ferrol Arquivado 22 de xullo de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]