Estación de Lalín
Lalín | |
---|---|
Plataforma da Estación de Botos, Lalín | |
Situación | Lalín |
Liñas | |
Media distancia | Rexional |
Lalín é unha estación de tren de Adif situada no lugar da Estación, na parroquia de Botos, nas proximidades da vila de Lalín, provincia de Pontevedra. Conta con servizos de media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación atópase no punto quilométrico 315,1 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 472 metros de altitude, entre as estacións da Ponte Taboada e O Irixo.[1] O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia
[editar | editar a fonte]A estación foi inaugurada o 8 de setembro de 1958 coa posta en marcha do tramo O Carballiño-Santiago de Compostela da liña férrea que pretendía unir Zamora coa Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe, que naceu en 1941.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
A estación
[editar | editar a fonte]O edificio de viaxeiros, construído en pedra, está formado por un corpo central e dous anexos laterais. Conta con dúas plataformas curvadas, unha lateral e outra central e con catro vías. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Media distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 20 de xuño de 2016.
Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
2 | MD | Santiago de Compostela | <> | Ourense-San Francisco |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Carballiño (Est.) Euroferroviarios
- ↑ Ourense a Santiago de Compostela Arquivado 31 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información na web de Adif Arquivado 30 de xuño de 2016 en Wayback Machine.