Liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Desembocadura do río Grande na ría de Ribadeo, entre Santalla e Ove. Pódese observar a vía do Ferrocarril Ferrol-Xixón, e á dereita, a ponte da antiga liña Ribadeo - Vilaoudriz, hoxe soporte para o tubo de auga que subministra Ribadeo. Á esquerda, a ría, e á dereita, o río Grande.
Estación de ferrocarril de Ribadeo, liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón, vista dende a ponte da LU-P-5207.
Estación de ferrocarril de Ribadeo, liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón, vista dende a ponte da LU-P-5207.

A liña de ferrocarril de vía estreita de Ferrol a Xixón comunica ambos os dous extremos pola costa do Cantábrico e Atlántico. Foi inaugurada o 6 de setembro de 1972, aínda que algúns tramos se puxeron en servizo antes, e desde o momento da súa construción foi integrada en FEVE.

Non seus comezos ten aproveitado material da liña Ribadeo-Vilaoudriz[1].

Dispón de vía única, electrificado entre Xixón e Cuideiru. Dependeu de FEVE ata o 31 de decembro de 2012, cando se unificaron os operadores estatais de vía estreita e vía larga. A infraestrutura foi transferida a ADIF e a explotación dos servizos a Renfe Operadora.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Un automotor da Serie 2700 de FEVE cruzando a ponte sobre a Ría de Viveiro.
Estación de Pravia. Construida en inicio para a Sociedad General de Ferrocarriles Vasco Asturiana.
p.k. 244,9, entre as estacións de Soto de Luiña e San Cosme, vía única con travesa de formigón sen electrificar.
Pequeno viaducto, sobre a ría de Foz.

A idea de construír un ferrocarril entre Ferrol e Xixón tivo efecto no 1886, cando o Congreso dos Deputados aprobou o primeiro proxecto, co fin de concetar os cuarteis de artillería de Ferrol coas fábricas de armas e explosivos de Asturias pola costa cantábrica. O proxecto foi incluído no 'Plan de Ferrocarriles Secundarios' de 1888, aínda que as obras tardarían en comezar.[3]

No 1906 apróbase a lei de ferrocarrís estratéxicos e secundarios, con inclusión do proxecto como de vía estreita (1 m).

Por discrepancias sobre o trazado, en particular no occidente de Asturias,[4] obras non comezan ata 1921, a cargo do Estado Español.

As vicisitudes políticas dos anos 1920, 1930 e 1940 retrasaron ata 1953 a inauguración do primeiro tramo, entre Avilés e Pravia, previo acordo coa compañía que explotaba o Ferrocarril de Carreño, que tiña a concesión de explotación entre Avilés e Xixón.

As obras continuaron na zona galega, rematando coa inauguración do tramo (Viveiro-Vegadeo) en 1968.

Antes inauguráronse en 1962 o tramo Pravia-Luarca e tramos na zona galega, quedando para 1972 o tramo final, Luarca-Vegadeo.

Así, pasaron 86 años do primeiro proxecto aprobado (1886) á súa inauguración (1972), coa variación total, entremedias, das necesidades de tráfico xeral e estratéxicas que o impulsaron.[5]

A construción do ferrocarril supuxo grandes obras de fábrica (pontes, viadutos, túneles,...) para salvar a complicada orografía da costa cantábrica, en particular, na zona asturiana. Foi necesario construír 110 túneles e 27 viadutos, nunha liña de lonxitude total de 320 km con 47 estacións. O seu custe total, en 1972, foi 4 250 millóns de pesetas.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gómez Martínez, J. A.: La Sociedad Minera de Villaodriz y el Ferrocarril de Puente Nuevo a Ribadeo
  2. "Feve se integra en Renfe y Adif". Europa Press. Consultado o 21/10/2017. 
  3. 3,0 3,1 Ferrocarril estratégico de Ferrol a Gijón. Grupo de Trabajos Ferroviarios.[1]
  4. El ferrocarril de Ferrol a Gijón. La Nueva España. Diario independiente de Asturias.[2]
  5. Los ferrocarriles de vía estrecha de Asturias. El Comercio Digital

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Horarios de trenes na liña Ferro-Xixón: http://www.renfe.com/GA/viajeros/feve/index.html