A Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste (en castelán: Compañía Nacional de los Ferrocarriles del Oeste) foi unha empresa ferroviariaespañola constituída en 1928 cuxa creación veu motivada pola necesidade de facerse cargo das distintas liñas ferroviarias que, tras a quebra dos seus anteriores donos, quedaran baixo control do Estado.
A compañía naceu no contexto de crise que atravesou o ferrocarril español durante a década de 1920. Seguindo os principios do Estatuto Ferroviario de 1924, o Estado decretou a creación desta compañía, en parte para ir ao rescate de ferrocarrís do Oeste de España que atravesaban unha grave situación económica e en parte para aglutinar outras liñas ferroviarias controladas xa polo Estado, concretamente as liñas Betanzos-Ferrol e Ávila-Salamanca. O resto de liñas formaban parte das seguintes empresas:
Compañía de los Ferrocarriles de Madrid a Cáceres y Portugal (MCP)
Compañía del Ferrocarril de Salamanca a la Frontera Portuguesa (SFP)
Compañía del Ferrocarril de Medina del Campo a Salamanca (MCS)