Saltar ao contido

Estación da Bandeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estación da Bandeira
Abades Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Implicados
 Propietario/a
 Operador/a
Datas
 Inauguración
8 de setembro de 1958 Editar o valor en Wikidata
Transporte
 Servizo de conexión
 Código de estación
31311 Editar o valor en Wikidata
 Estación adxacente
 Liñas ferroviarias
 Número de plataformas
2 Editar o valor en Wikidata
 Número de beiras
2 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Wikidata C:Commons

A Bandeira é unha estación de tren de Adif, situada na parroquia de Abades, no concello de Silleda. Leva o nome do veciño núcleo urbano da Bandeira, na parroquia de Manduas. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria

[editar | editar a fonte]

A estación atópase no punto quilométrico 342,762 da liña Zamora - A Coruña de ancho convencional, a 260 metros de altitude,[1] entre as estacións da Ponte Taboada e Vedra-Ribadulla. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

A estación inaugurouse o 8 de setembro de 1958 coa posta en marcha do tramo O CarballiñoSantiago de Compostela da liña férrea que tiña como obxectivo unir Zamora coa Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe, que nacera en 1941.

Desde o 31 de decembro de 2004, Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é o titular das instalacións ferroviarias.

A estación

[editar | editar a fonte]

O edificio de viaxeiros, construído en pedra, está formado por un corpo central de dous pisos ao que se anexan dous bloques laterais dunha altura practicamente similar. Unha galería de tres arcos adorna o segundo piso da fachada principal. Ten dúas plataformas laterais aos que acceden dúas vías. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.

Servizos ferroviarios

[editar | editar a fonte]

Media distancia

[editar | editar a fonte]

Actualizado a 20 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
2 MD Santiago de Compostela <> Ourense-San Francisco
  1. Bandeira Euroferroviarios
  2. "Ourense a Santiago de Compostela". Spanish Railway (en castelán). Consultado o 2022-09-03.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]