Estación de Pobra de Seabra
Estación de Pobra de Seabra | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estación de ferrocarril ![]() | |||
Estado de uso | en funcionamento ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Operador/a | Renfe Operadora ![]() | |||
Propietario/a | Adif ![]() | |||
Datas | ||||
Inauguración | 24 de setembro de 1952 ![]() | |||
Transporte | ||||
Servizo de conexión | Alvia ![]() | |||
Código de estación | 31200 ![]() | |||
Estación adxacente | Linarejos-Pedroso (train station) (en) ![]() ![]() | |||
Liñas ferroviarias | liña Zamora - A Coruña ![]() | |||
Número de beiras | 2 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de Zamora | |||
Concello | Pobra de Seabra ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Pobra de Seabra é unha estación de tren de Adif situada na vila de Pobra de Seabra, provincia de Zamora. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación atópase no punto quilométrico 106,871 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora coa Coruña vía Ourense a 950 metros de altitude, entre as estacións de Linarejos-Pedroso e Pedralba.[1] O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia
[editar | editar a fonte]A vontade de unir Madrid vía Medina del Campo con Vigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Payares no ferrocarril de Asturias".[2] É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Pobra de Seabra da liña entre Zamora e A Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produciu en 1941.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
A estación
[editar | editar a fonte]O edificio para viaxeiros é unha clara mostra da arquitectura propia da zona con estruturas realizadas con grandes bloques de pedra e amplos tellados de lousa de varias vertentes. Un arco central e varios pináculos de pedra serven como decoración. Aínda que posúe dous pisos, o edificio non se caracteriza pola súa altura. Dispón dunha plataforma lateral e outra central de boa anchura aínda que sen protección ás que acceden tres vías. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.
Debido á súa situación estratéxica entre Ourense e Zamora está dotada dunha extensa praia de vías dunha rotonda xiratoria, dun depósito de locomotoras, de varios peiraos de carga, guindastres, augadas e edificio anexos.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Longa Distancia
[editar | editar a fonte]Actualizados a 23 de xuño de 2016.
Media distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 23 de xuño de 2016.
Liña | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
18 | MD | Valladolid-Campo Grande | <> | Pobra de Seabra |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pedralba de Pradería Euroferroviarios
- ↑ 2,0 2,1 Liña Zamora-Ourense Afzamorana
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Pobra de Seabra ![]() |