Consérvase o edificio de viaxeiros, que data de comezos do século XX. O predio consta dunha planta rectangular e dúas alturas, con tellado a dúas augas. Ten muros recebados e pintados de branco con vans simétricos en altura, con remate superior de arco rebaixado e esquinas con perpiaño á vista, igual que os esquinais da construción. Beirado de pedra con molduras e un van redondo no hastial do penal.[1]