Saltar ao contido

Estación de Vilamartín de Valdeorras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estación de Vilamartín de Valdeorras
Tipoestación de ferrocarril Editar o valor en Wikidata
Estado de usoen funcionamento Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Operador/aRenfe Operadora Editar o valor en Wikidata
Propietario/aAdif Editar o valor en Wikidata
Transporte
Servizo de conexiónIntercity Editar o valor en Wikidata
Código de estación20212 Editar o valor en Wikidata
Liñas ferroviarias
Localización
Mapa
 42°25′N 7°04′O / 42.41, -7.06
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense
ConcelloVilamartín de Valdeorras Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Vilamartín de Valdeorras é unha estación de tren de Adif, situada na vila de Vilamartín de Valdeorras, na provincia de Ourense. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria

[editar | editar a fonte]

A estación atópase no punto quilométrico 304,7 da liña férrea de ancho ibérico que une León coa Coruña a 306 metros de altitude,[1] entre as estacións da Rúa-Petín e O Barco de Valdeorras. O tramo é de vía única e está electrificado.

A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.[2] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Servizos ferroviarios

[editar | editar a fonte]

Media distancia

[editar | editar a fonte]

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
  Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar
6 Rexional Exprés León
Ponferrada
<> Vigo-Guixar

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]