Estación de Vilar de Barrio
| Estación de Vilar de Barrio | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| As Maus | |||||||
| |||||||
| Transporte | |||||||
|
Servizo de conexión
| |||||||
|
Código de estación
| |||||||
|
Estación adxacente
| |||||||
|
Liñas ferroviarias
| |||||||
|
Número de plataformas
| |||||||
|
Número de beiras
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons |
Vilar de Barrio é unha estación de tren de Adif situada na vila de Vilar de Barrio, na provincia de Ourense. Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación atópase no punto quilométrico 203,3 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 705 metros de altitude,[1] entre as estacións da Alberguería-Prado e Baños de Molgas. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia
[editar | editar a fonte]A vontade de unir Madrid vía Medina del Campo con Vigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Payares no ferrocarril de Asturias".[2] É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Pobra de Seabra da liña entre Zamora e A Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produciu en 1941.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Debido aos recortes no sector ferroviario levados a cabo polo Goberno en xuño de 2013, a estación da Gudiña quedou sen os servizos de Media Distancia entre Ourense e Pobra de Seabra.[3]
A estación
[editar | editar a fonte]O edificio de viaxeiros é unha estrutura realizada en pedra. Posúe dous pisos e unha galería na planta baixa formada por cinco arcos. Ten dúas plataformas laterais ás que acceden dúas vías.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- 1 2 Liña Zamora-Ourense Afzamorana
- ↑ David Reinero (29 de xuño de 2013). "Diez estaciones entre Ourense y Sanabria se quedan sin tren desde el domingo". El País (en castelán).