Gestor de Infraestructuras Ferroviarias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Gestor de Infraestructuras Ferroviarias (GIF) foi un ente público español creado o 30 de decembro de 1996 pola Lei 13/1996[1] aprobándose o seu estatuto o 25 de abril de 1997 por Real Decreto 613/1997 e clasificado como entidade pública empresarial pola Lei 50/1998[2] o 30 de decembro de 1998.

Historia[editar | editar a fonte]

A creación de GIF debeuse ás medidas do transporte ferroviario que a Unión Europea comezou a impulsar a partir da Directiva do Consello 91/440/CEE sobre o Desenvolvemento dos Ferrocarrís Comunitarios, onde establecía, entre outras cuestións, a separación entre os operadores dos trens e o suxeito xestor da infraestrutura.

O GIF tiña como obxectivo "a construción e, no seu caso, administración das novas infraestruturas ferroviarias que expresamente lle atribúa o Goberno, a proposta do Ministro de Fomento". A empresa foi unida a RENFE instantes antes de que esta, o 1 de xaneiro de 2005, dese lugar a ADIF e Renfe Operadora.

O seu último presidente, Antonio González Marín, foi tamén o primeiro presidente de ADIF.

Estrutura interna[editar | editar a fonte]

Land Rover "Santana" adaptado para circular polo ferrocarril, actualmente conservado no Museo do Ferrocarril de Cataluña.

Competencias[editar | editar a fonte]

  • A ordenación da circulación dos trens
  • O mantemento da nova infraestrutura
  • A xestión dos sistemas de seguridade
  • A explotación das instalacións eléctricas e de comunicacións asociadas.

Presidentes[editar | editar a fonte]

Nome Período
Emilio García Gallego 1998-2000
Juan Carlos Barrón Benavente 2000-2003
Ramón Escribano Méndez 2003-2004
Antonio González Marín 2004

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lei 13/1996, de 30 de decembro, de Medidas Fiscais, Administrativas e de Orden Social. Artículos 160 e 161.
  2. Lei 50/1998, de 30 de decembro, de Medidas Fiscais, Administrativas e de Orde Social. Artículo 65.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • GIF.es Arquivado dende o orixinal, o 21 de decembro de 2003. Consultado o 30 de novembro de 2009.
  • Adif.es