Estación de Paderne-Cantoña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Estación de Paderne - Cantoña")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°15′18″N 07°45′15″O / 42.25500, -7.75417

Paderne-Cantoña
SituaciónPaderne de Allariz

Paderne - Cantoña é unha estación de tren de Adif, situada en Cantoña, no concello de Paderne de Allariz, provincia de Ourense. Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

A estación atópase no punto quilométrico 224,5 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 312 metros de altitude,[1] entre as estacións de Ponte Ambía e Taboadela. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia[editar | editar a fonte]

A vontade de unir Madrid vía Medina del Campo con Vigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Pajares no ferrocarril de Asturias".[2] É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Pobra de Seabra da liña entre Zamora e A Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de RENFE cuxo nacemento se produciu en 1941.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Debido aos recortes no sector ferroviario levados a cabo polo Goberno en xuño de 2013, a estación da Gudiña quedou sen os servizos de Media Distancia entre Ourense e Pobra de Seabra.[3]

A estación[editar | editar a fonte]

O edificio de viaxeiros, construído en pedra, é unha estrutura de dous pisos con anexo lateral de menor altura. Conta con dúas plataformas laterais ás que acceden dúas vías.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]